Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2016

Regata de embarcacións tradicionais de Ares

Imaxe
Unha semán despóis de asistir á regata de Perbes, outro nutrido grupo de patexeiros asistiron á regata de embarcacións tradicionais de Ares. Nada máis e nada menos que 8 tripulantes: Chimpo, Javi Naveira, Pepe, Jaime, Pablo, José Luis (Pepe), Javi Aguado e Ramón. De novo, catro barcos patexeiros: Boaventura, A Feituca, Arredemo e A Desexada fixeron a singladura de Sada a Ares para participar nesta regata de Ares. A expedición chegou con pouco vento e xa algo de néboa, que se mantería ó longo de toda a xornada. Coméuse a carón do porto. Moi boa asistencia de barcos, da gusto ver tantos barcos xuntos. Unha vez rematada a regata, houbo que marchar para Sada, sen vento ningún. A dorna Albatros remolcou a uns barcos e A Desexada a outros. Chegóuse xa de noite. Próxima cita, a terceira regata da Copa Balbina en Sada, o vindeiro sábado 27 de agosto.

Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes

Imaxe
O pasado sábado día 6 de agosto, acudimos un ano máis ó Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes, que este ano cumpleu a súa 3ª Edición, e que con un gran traballo, organizan os amigos do Club Marítimo de Perbes. As previsións meteorolóxicas daban, para a hora da regata, unha nordestada con refachos de ata 20 nós, pero ainda así alá fomos con 4 barcos da flota patexeira: A Desexada, A Feituca, Boaventura e Leliadoura, e nada menos que con 8 tripulantes patexeiros. A singladura ata Perbes fíxose cun ventiño suave, que non facía prever tanto vento pola tarde. Nada máis chegar, algúns patexeiros xa se tiraron pola borda, pois apetecía con tanto calor Comemos alí mesmo, no muelle de Perbes, á sombriña. Logo pisamos a fervente area da praia e fomos tomar café, mirindas e chupitos ó bar da praia. Pola tarde, novo baño da tripulación e listos para embarcar. Ó empezar a regata xa botamos de menos a Osorio, máxime cando dixera que iba a asistir, e Pepe é home

Resultado da 2ª regata da VIII Copa Balbina

Imaxe
O pasado sábado, cun pouquiño de retraso, sobre o horario previsto, (veunos ben para esperar a Osorio)  dou comenzo a 2ª regata da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Nesta ocasión cinco embarcacións presentáronse na liña de saída: Albatros, Osorio, A Feituca, Leliadoura e A Desexada. Sobre as 17:45 douse a saída á primeira manga cun vento do Nordés duns 10-12 nudos, que afortunadamente nos acompañou ó longo das dúas mangas disputadas. Coma sempre, Albatros saeu a todo filespín seguida da Feituca e Leliadoura. Chegando á primeira boia as posicións eran Albatros, A Feituca, A Desexada, Leliadoura e Osorio. O Osorio tivo problemas na primeira virada perdendo un tempo precioso. É o problema de ir un só como tripulación. Un ten que facer todo. Ademáis metía tremendas escoradas que se lle veu a quilla en varias ocasións. Ainda así non se dou por vencido e intentou remontar. Na segunda volta da primeira manga a Albatros , sempre perse