luns, 1 de agosto de 2016

Resultado da 2ª regata da VIII Copa Balbina

O pasado sábado, cun pouquiño de retraso, sobre o horario previsto, (veunos ben para esperar a Osorio)  dou comenzo a 2ª regata da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.

Nesta ocasión cinco embarcacións presentáronse na liña de saída: Albatros, Osorio, A Feituca, Leliadoura e A Desexada.


Sobre as 17:45 douse a saída á primeira manga cun vento do Nordés duns 10-12 nudos, que afortunadamente nos acompañou ó longo das dúas mangas disputadas.

Coma sempre, Albatros saeu a todo filespín seguida da Feituca e Leliadoura.


Chegando á primeira boia as posicións eran Albatros, A Feituca, A Desexada, Leliadoura e Osorio.

O Osorio tivo problemas na primeira virada perdendo un tempo precioso. É o problema de ir un só como tripulación. Un ten que facer todo. Ademáis metía tremendas escoradas que se lle veu a quilla en varias ocasións.


Ainda así non se dou por vencido e intentou remontar.


Na segunda volta da primeira manga a Albatros , sempre perseguida pola Feituca de Pablo e seu sobriño, sacou unha distancia considerable ó terceiro que era A Desexada. A Leliadoura intentaba presionar ós novatos que iban na Desexada pero non conseguiron que cometeran graves erros. Osorio, pola súa parte perseguía á Leliadoura, tripulada por Javi Aguado e Chimpo.


A primeira manga rematou ca Albatros en primeiro lugar, seguida de A Feituca, A Desexada, Leliadoura e Osorio.


En canto se dou a chegada xa se empezou a conta atrás para dar saída á segunda manga.

Cando faltaban 2 minutos, A Desexada , que era a que oficiaba de xuiz de saída, tivo un problema ó tocarlle o timón no fondo ainda que estábamos a moitos metros da costa, e intentando solucionalo caéunos o teléfono ó plan reseteándose a conta atrás co que demos a saída con medio minuto de atraso.

Albatros, sempre atenta, volveu a sair de primeira seguida pola Feituca, que se pegaron a eles como lapas, terceiro saeu Osorio, seguido a poucos metros da Desexada, e por último leliadoura


Nesta manga a Leliadoura achegábase máis á Desexada, ó tomar un rumbo máis pechado proa á primeira boia, mentras que a Desexada poñía máis proa a Perbes, e logo iba mangada cara á boia. Osorio aida collía un rumbo máis aberto indo cara a Miño.

A Desexada intentaba atrapar á Feituca pero Pablo xa aprendeu moito este ano e mostrábase intratable co que non conseguimos reducir a distancia que nos separaba.


Hai que decir que na Desexada levábamos un foque máis pequeno co que non conseguimos desarrollar todo o potencial do barco.

A Leliadoura, pode ser un duro rival en canto se lle monte o foque que tén á espera de meter o botalón. Igual ten bastante máis que decir na Copa Balbina.


Coma sempre, Albatros, ca súa tripulación de gala, con Marta, Anuska, Víctor e Jose, estiveron intratables, vímolos de cerca nas saídas e logo nas cervexas do final.

Botóuse de menos á dorna Boaventura, que con este vento podíase convertir na sombra da Albatros.

Despóis viñeron as cervexas e o intercambio de impresións.



A clasificación xeral despois de disputada a 2ª regata queda da seguinte maneira: .

CLASIFICACIÓN XERAL
BARCO PUNTOS
ALBATROS 39
A DESEXADA 34
OSORIO 27
LELIADOURA 24
A FEITUCA 23
BOAVENTURA 15
RICHI 15
ARREDEMO 10
ABUR 5
ALIVANTA 5
SAUNTRESS 5



Vémonos o vindeiro sábado 6 en Perbes, que vos recordamos é puntuable para a Copa Balbina. Alí haberá moitos barcos e as puntuacións poden cambiar moito, incluso barcos que non puntuaron ata o de agora se poden meter de cheo nos primeiros postos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com