Xa está en marcha o crowdfunding do Ecomuseo a Flote!
Hoxe damos un paso moi importante para facer realidade un proxecto no que levamos moito tempo traballando: o noso Ecomuseo a Flote . Xa está activa a campaña de crowdfunding en Goteo para axudarnos a poñer en marcha este museo mariñeiro vivo sobre a auga, un espazo pensado para conservar, mostrar e facer navegar o patrimonio marítimo tradicional de Sada e do Golfo Ártabro. O proxecto inclúe a recuperación e exposición de embarcacións tradicionais, actividades divulgativas, experiencias inmersivas, talleres e moitas máis iniciativas relacionadas coa cultura mariñeira e a carpintería de ribeira. Para nós é moito máis ca un museo. É unha forma de manter viva a nosa historia, o noso mar e a memoria das persoas que viviron del. Se queredes colaborar, compartir ou simplemente botarlle un ollo ao proxecto, podedes facelo aquí: 👉 Campaña de crowdfunding do Ecomuseo a Flote Cada pequena achega axúdanos a seguir navegando. Grazas por formar parte desta travesía.