Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2016

Barcos no mar

Imaxe
O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, coma todos os anos, botamos os nosos barcos ó mar, ou polo menos a primeira tanda deles. Sobre as 11 da mañán dun estupendo día, chegaba dende Betanzos o bote dos Caneiros O Bicho, que traía remolcado ó Galeón, o bote polbeiro das Rías Altas, que estubo restaurando o socio Javi Naveira en Betanzos. Ainda lle faltaba por botar a cuberta, pero él dixo que estaría para a festa da botadura, e tras baixar polo Río Mandeo, pasar baixo a ponte do Pedrido e enfilar proa a Sada,  alí estaba con él. Home de palabra. En terra, estivemos rematando de pintar A Desexada, dando os últimos retoques na Boaventura, e tamén chegaba sobre as 13 horas o Arredemo, todo preparadiño para a tempada. Non nos dou tempo a pintarlle a cuberta á Desexada porque senón non poderíamos navegar ese día nela porque mancharíamos a roupa dos domingos, así que xa se pintará outro día. Como sempre, atopámonos con inconvintes, a Desexada é un barco pesado e ...

Festa da botadura dos barcos

Imaxe
O martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, as nosas, coma todos os anos, botaremos os barcos ó mar. Ás 17:00 horas na rampa de servizo ó mar, detrás do Carrefour en Sada.

Semaniña de preparativos

Imaxe
Estase achegando o día 17, que é cando votamos os barcos ó mar, e estamos traballando en moitas frontes para intentar ter o maior número de barcos dispoñibles para esa data. Non vai ser posible telos todos, porque algúns compañeiros non poideron facer nada. Xa vedes, con tanto paro e eles teñen todo o traballo do mundo, benditos sexan.   Tamén estamos arranxado os carros, moi importantes para a loxística. Esta semán tocóulle ó pequeno trebello de varada que temos en Sada, ó que se lle soldou unha roda, e reforzou as unións. Aquí vemos a Naveira, "solding in the rain". En Lorbé, seguimos traballando na Leliadoura, á que esta última semán lle pegamos un bó empurrón. Rascóuse a obra morta e calafateóuse con cordón de estopa embreado   Logo lle demos o noso tratamento de alquitrán + Xylazel. Metémoslle un suplemento na fogonadura, que ata o de agora quedaba moi floxa e había que meter unhas cuñas moi grandes e incómodas. Agora só falta meterlle cornamusas...