domingo, 8 de maio de 2016

Semaniña de preparativos

Estase achegando o día 17, que é cando votamos os barcos ó mar, e estamos traballando en moitas frontes para intentar ter o maior número de barcos dispoñibles para esa data.

Non vai ser posible telos todos, porque algúns compañeiros non poideron facer nada. Xa vedes, con tanto paro e eles teñen todo o traballo do mundo, benditos sexan.
 
Tamén estamos arranxado os carros, moi importantes para a loxística. Esta semán tocóulle ó pequeno trebello de varada que temos en Sada, ó que se lle soldou unha roda, e reforzou as unións. Aquí vemos a Naveira, "solding in the rain".


En Lorbé, seguimos traballando na Leliadoura, á que esta última semán lle pegamos un bó empurrón. Rascóuse a obra morta e calafateóuse con cordón de estopa embreado
 

Logo lle demos o noso tratamento de alquitrán + Xylazel.



Metémoslle un suplemento na fogonadura, que ata o de agora quedaba moi floxa e había que meter unhas cuñas moi grandes e incómodas.


Agora só falta meterlle cornamusas de manobra, facer o mamparo dos pañoles de proa e popa, poñer a flotabilidade e calafatear obra viva e dar patente.


Tamén en Lorbé estamos traballando dúramente na Betty, a ver se este verán conseguimos que vaia ó mar despóis de moitos anos en dique seco.


Este sábado Naveira e máis eu fixemos xornada completa, e contamos ca axuda do mestre Xocas que pasou a saudarnos e xa lle encalombamos uns cantos traballos.


Estamos reforzando a maioría das cadernas. Moito traballo para Javier, que está forzando demasiado a pequena serra de cinta que temos, pero como é o que hai, alá vai.


Ata lle botamos algúnha taboa da cuberta que estaba danada.


E este sábado empezamos a facer as táboas do plan.



Na Betty, ainda queda moito traballo por facer, así que non a poderemos ver o vindeiro día 17 no mar.


A uns cantos kilómetros de distancia, no estaleiro flotante de Betanzos, Naveira tamén está rehabilitando o Galeón, ó que someteu a un remozado completo.



Agora mesmo atópase xa totalmente recravado e ca imprimación de minio dada.

Nuns días irá a inchar e se lle botará a cuberta a flote.


Este barco vai ser dóblemente mariñeiro, xa que é un dos poucos que se está rehabilitando a bordo dun barco.


En Sada xa está o Arredemo, que como dí o seu armador, Miguel, está na versión 2.0., ainda que penso que xa vai na 3.1. despóis do estupendo traballo que fixo nel este inverno.

Tamén en Sada, está Pepe preparando a Boaventura, que sacou da auga este xoves para rascar, revisar,  pintar e dar patente.



Ca Desexada empezaremos o vindeiro fin de semán xa que ten traballos menores.

Das demáis embarcacións en preparación, as tres dornas, 4 hirmáns, a Lagarta e a Feituca non tivemos novas en toda a semán, co que supoñemos que irán cun pouco de atraso.


Esta vindeira semán, máis.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com