Curso de Enxarcias Tradicionais
Os días 11 e 18 de outubro celebramos o Curso de Enxarcias Tradicionais, unha actividade enmarcada no proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais”, premiado na convocatoria de axudas ao desenvolvemento pesqueiro e xestionada polo GALP.
O curso contou cunha sesión teórica a través da aula virtual, que proporcionou aos participantes unha ampla base de coñecementos sobre os materiais, técnicas e historia das enxarcias tradicionais.
A experiencia foi un éxito de participación, con gran interese e implicación por parte de todas as persoas asistentes. Durante as sesións prácticas aprendemos a facer gazas, estrobos, vigotas, motóns simples e dobres, así como técnicas básicas de carpintería e trenzado de cabos. Ademais, puxemos en práctica o aprendido arbolando unha embarcación completa con vela cangrexa e foque.
Unha iniciativa que contribúe á posta en valor e á transmisión dos oficios mariñeiros tradicionais, fundamentais para a conservación do noso patrimonio marítimo.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com