Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

Patexeiros por Nazaré

Imaxe
Como xa ven sendo costume, cando un Patexeiro viaxeiro anda percorrendo o mundo, ten a obriga de pasarse uns minutiños informándonos ó resto dos mortais das distintas tipoloxías de embarcacións que se van atopando no seu periplo por eses mundos. Aquí, o noso ilustre socio D.  Javier Aguado Álvarez de Sotomayor, ou como o coñecemos cariñosamente, Javi,  herdeiro de Pedro Madruga, alias Cristóbal Colón (según algunhas fontes), mandóunos estas fermosas imaxes de embarcacións varadas nas praias de Nazaré, en Portugal. Fermosas fasquías, ben afiadas, para cortar o bravo mar do Atlántico. Esperamos que vos gusten e desfrutedes delas. É unha pena, que desgraciadamente no noso país xa non poidamos desfrutar das embarcacións varadas na area como estiveron sempre. Cousas  dunha mala política que fai que as embarcacións deixen os areais nos que estiveron dende tempos inmemoriais para pasaren a estar varadas nas explanadas portuarias, moitas veces botándose a perder, e sobre t

O Canouro entra no carro

Imaxe
Esta primeira semán de maio, o Canouro, unha das últimas incorporacións á Flota Patexeira subeu ó carro no varadoiro de Lorbé para facer traballos de mantemento. Un calafateíño por aquí, unha pinturiña por alá, uns brochazos de patente, e de novo para o mar. Aquí o vedes en todo o seu explendor. Que marabilla de barco!!!!