Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2010

UNHA EXPOSICION MOI INTERESANTE NA CORUÑA

Imaxe
Hola a todos/as. Lamentamos ter un poco parado o blog neste mes, pero pensamos que moi cedo teremos moitas novas e moi interesantes. A primavera está moi cerca, e con ela voltará esa actividade Patexeira que anda un pouco aletargada. Pero mentres non deixa de chover, podedes seguir os maravillosos consellos do noso amigo Palmeirán, que nos recomenda deste xeito esta exposición. Recoméndovos que vaiades á exposición UNHA MIRADA DE ANTANO da fotógrafa Ruth Matilda Anderson que está na Fundación Caixa Galicia nos Cantóns na Coruña. Impresionantes fotos do pasado da Galiza. Hai moitas fotos de barcos e mariñeiros, nos portos de Muros, A Coruña, Vigo, Marín, Noia, Vilagarcía, Sada, etc... En Sada por exemplo vese como están arranxando un bote. Hai fotos de barcos, dornas, botes, bucetas, lanchas distribuídas polas 4 plantas da exposición. Ademáis as outras fotos de pobos, festas, arquitectura, etc... que compoñen a exposición non teñen desperdicio. Para mín, unha das mellores exposicións fo...