
Recoméndovos que vaiades á exposición UNHA MIRADA DE ANTANO da fotógrafa Ruth Matilda Anderson que está na Fundación Caixa Galicia nos Cantóns na Coruña.
Impresionantes fotos do pasado da Galiza. Hai moitas fotos de barcos e mariñeiros, nos portos de Muros, A Coruña, Vigo, Marín, Noia, Vilagarcía, Sada, etc...
En Sada por exemplo vese como están arranxando un bote.
Hai fotos de barcos, dornas, botes, bucetas, lanchas distribuídas polas 4 plantas da exposición. Ademáis as outras fotos de pobos, festas, arquitectura, etc... que compoñen a exposición non teñen desperdicio.
Para mín, unha das mellores exposicións fotográficas que teño visto. Aparte de formaren parte da memoria histórica do noso país.
Horarios da exposición.
CORUÑA. 30 octubre 2009 - 11 abril 2010
Lunes a viernes: 12:00 h. a 14:00 h. y 16:00 h. a 21:00 h.
Sábados, domingos y festivos: 12:00 h. a 21:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com