venres, 22 de abril de 2016

Mantemento dos remolques

Esta fin de semán toca facer mantemento dos remolques da Asociación.

Dentro de pouco temos que empezar a facer traslados da flota e os remolques deben estar en condicións.

Empezamos polo pequeno que temos para trasladar as dornas.

Fai uns días, xa o estivo rascando e dándolle unha man de pintura o talibán Nogueira e descubrimos unhas pequenas perforacións por óxido que compría arranxar. Parecía que iba preparado para un ataque NBQ.


Aquí, o Palmeirán pasándolle a rebarbadora para preparar a superficie a soldar.


McGyver Naveira armado de electrodo procede a soldar a pletina de reforzo.


Cortando outra pletina.



venres, 15 de abril de 2016

Evolución da Betty

Mañán chuviosa en Lorbé. Alí seguimos traballando na Betty, a ver se a damos alistado para o empece da tempada.
Esta combinación de beige Patexeiros ca madeira vista das cadernas, gústanos a todos.


Levamos xa varias xornadas rascando, quitando pintura, dando alquitrán, saneando en xeral. Tanto fomos saneando que quitamos máis cadernas das que tíñamos pensado nun principio e agora hai que repoñelas.


Estámoslle facendo novas moitas pezas. Vai lento pero de seguro que o barco vai quedar moi reforzado.



O palmeirán rascando, lixando, saneando e pintando e Javier Naveira sacando prantillas,  facendo e asentando as cadernas, estamos levando ó cabo un traballo estupendo, modestia aparte. Non somos profesionais pero facemos o traballo con cariño, e iso nótase. 


Hoxe xa asentamos catro pezas e mañán continuaremos asentando o resto das que temos feitas e cravándoas.


Antes de colocalas, como non, unha manciña de Xylamón fondo. Logo tamén levarán alquitrán, por suposto. Xa sabedes que nós ata llo botamos ó Colacao.


Mentras nós lle dábamos caña ás cadernas,  Ramón, dábanos apoio loxístico, e tamén estivo facendo uns gramiles, que estábamos sen eles. Aquí traballa todo o mundo.



A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org