Os alumnos continuaron traballando na Betty.
Como sempre, divididos en grupos, uns estiveron sustituíndo unha varenga na proa.
Outros empezando a poñer táboas na cuberta.
E rematando o trancanil, que se meteu en dúas pezas, para non desmontar a regala.
Estaban moi decididos e non había quen os parase. A verdade é que teñen moitas ganas de traballar.
Para agradecerlles o bo traballo que fixeron na Betty, convidámolos a uns pinchos no descanso.
Houbo algúns que querían coidar a liña e non probaron bocado, pero outros deron boa conta dos chourizos, queixo da Arzúa e tortillas de patacas.
Tamén aproveitamos para darlles a documentación do curso e un resumo das fotos que lles quitamos nestas xornadas.
Logo do descanso, continuaron botando a cuberta.
Queda patente a soltura que foron collendo en tan só oito xornadas.
Santi xa se convirteu no serra-master.
Victor facendo os seus pinitos coa cepilladora.
Quén dixo que Anuska non traballaba? Qué non me entere eu!!! Malas linguas !!!!
O vindeiro sábado traballarán xa con outro novo barco, a Leliadoura, que construíron os seus compañeiros de edicións anteriores, e á que lle imos meter un quillote para evitar ou compensar a deriva.