martes, 30 de xuño de 2009

A Copa "Patexeiros" vaise para Ares


Xa chegou o dia da inauguración da nosa competición, e non houbo sorpresas: fixemos o mais absoluto dos ridículos.
Claro que a crónica podería facerse do revés, ¿non?. Imos botarllo un pouco de morro e falando en positivo, pero sen contar mentiras, e volvemos a empezar a redacción:

O Arredemo, da Asociación Cultural mariñeria de Sada "Os Patexeiros", consigue meterse no podium o quedar segundo, e o ser rebasado a tan só 10 escasos metro da linea polo "O Sorio" do C.N. de Ares.




Pois ben, e certo, tal coma dixen foi así, e ahí podedes ver na foto o momento no que o barco de Ares meréndase o de Sada.


O que non dixen que desta vez eramos tan só dous barcos. E nos pasaron a 10 m da liña, pero despois da saida, non antes da chegada. En calquera caso, fixemos un digno papel. Polo menos rematamos o percorrido ( cando o resto da flota xa rematara a segunda manga).


Pero coma dician os Paiasos da tele, o importante e participar e divertirse. Foi un estupendo dia para a navegación, e o pasamos bastante ben. A saída foi en conxunto cos de vela lixeira, e o percorrido bastante longo, desde o porto deportivo ate case Gangdarío.


Parabens os amigos de Ares e moitísimas gracias por participar. A próxima esperamos subir a participación. De momento, a Copa iríase para Ares, a ver se a recuperamos, porque desde logo, organizar unha copa para nin cheirala o primeiro ano... e para chorar ¿non?


Na Sección de DESCARGAS , no apartado de PUBLICAS , e na sección de REGATAS tedes a clasificación. Tedes que mirar nas pestañas de abaixo para ir a xeral ou a de cada regata.


xoves, 25 de xuño de 2009

Comenza a Copa "Patexeiros"

POR FIN ,
despois de tantos papeleos, de tantos arranxos, de tantas cousas que organizar, por fin nos toca o que queriamos: NAVEGAR.

Como sabedes, a Copa "Patexeiros" de vela tradicional, pretende fomentar a afición nosa, e para iso temos organizadas conxuntamente co C.N.Recreativo de Sada unha serie de regatas para este verán. Na Copa, tamén puntúa o feito de participar en outras concentracions, ainda que non haxa regatas nelas. Na foto, podedes ver cómo chegar. Non fai falta reservar, nin apuntarse, nin pagar nada. Con tal de se presentar alí, os dias que toque xa está. Non temos a rixidez doutras competicions, asi que se algún vai chegar un pouco tarde a saida, que chame , que o esperamos, non pasa nada. Pero iso si, que chame.

Ahí tedes o calendario: http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos

A do vindeiro sábado 27 de Xuño e só a primeira, para quentar motores. Pero ídevos preparando para a do dia 25, a regata Patexeiros, unha costeira na que non só chega con navegar ben nuns cantos rumbos... vai a haber que saber cómo ir dun sitio a outro, cómo chegar a terra, se se rema ou se velea, cómo traballa a marea, etc etc. E dicir, unha regata MARIÑEIRA. Ademias, haberá unha interesante actividade alternativa para os familiares e amigos dos participantes: un fermosísimo roteiro costeiro de sendeirismo que acompañará o percorrido da regata. Xa vos mantendremos informados.....

De momento, a estrearse coa primeira regata da Copa. Por certo, o formato desta competición e de trofeo único, aparte doutro premios : clube mais numeroso, participante mais no, o mais lonxano, o mais vello, etc, pero.... A COPA QUEN A LEVE A LEVA. O Ano seguinte terá que defendela e se non gaña, entregarlla o novo gañador.

PATEXEIROS: Hai que velear como sexa, pero que non nola leven de Sada.



luns, 22 de xuño de 2009

Estrenando os novos fondeos

Hoxe, fumos dar unha voltiña, estrenado o novo fondeo . Como algún de vos xa sabedes, xa "botamos a primeira pedra" do noso novo espacio para as embarcacions tradicionais detras da rampa. Por certo que na foto vedes ahí porqué digo o de botar a pedra. E literal.

E ¿qué nos pasou hoxe? (aparte de se nublar o dia) : Descubrimos unha flota de guerra fondeada tras o dique. Non sabemos nin quenes son , nin para que veñen por aquí. Chegamos a ver coma tres barcos de guerra (catro se contamos o que está fondeado en Sada) . So espero que non lles sentara mal a alguén o dos novos fondeos e veñan dispostos a levantalos.......




mércores, 10 de xuño de 2009

O "NONETA" Estase a reparar en Lorbé

O Amigo Pepe, o carpinteiro de Lorbé, informounos de que estes dias ten fora da auga unha peza digna de ver, o NONETA, un barco inglés de 1935.

A construcción e moi curiosa, según di na súa historia moi moderna para a época. Está feito con chapa metálica remachada.

Na época da segunda guerra mundial, foi requerido para a mariña británica, e prestou servicio de garda costas na costa sur baixo o nome HSM N33 (penso que Noneta era mais fermoso) no escuadrón Victory en Portsmouth.

Lamentablemente só estará en terra ate o vindeiro vernes 12, pero houbo tempo de lle sacar unhas fotos.

Moitas gracias a Pepe por ternos avisado.


Podedes ver mais información aquí :










xoves, 4 de xuño de 2009

E XA FIXEMOS A FESTA

Así foi a nosa festa, a Xornada técnica sobre navegación tradicional en Sada


Como sabedes, tivemos un dia excepcional, e as velas na rua déronlle a Sada por fin, un aspecto distinto para o visitante. Tamén fixemos unha pequena exposición de carpintería tradicional co banco de carpinteiro antiguo que nos cedeu Ramón Rouco e ca ferramenta antigua prestada por Pepe, da carpintería de ribeira de Lorbé. Nacho tamén aportou duas fermosísimas pezas.


Da banda do Concello estiveron Abel López, Alcalde de Sada, e Gabriela Castro, concelleira de cultura, quenes se interesaron polas nosas embarcacions, tanto fora como na conferencia maxistral que nos deron sobre elas Bernardo Maiz e Cesar Bedoya. A conferencia foi de un luxo, con moitísimas explicacions sobre as tipoloxías do norte de Galicia, as perdidas, as que ainda quedan, as que se estan a recuperar, etc. Apoiado co material do libro de Bernardo Maiz e Henrique Freire "As embarcacions tradicionais do arco ártabro a Ribadeo", Bernardo fixo unha estupenda exposición deste traballo, que como sabedes foi premiado pola Fundación Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego. Por outra banda, César, nos explicou moitísimo de barcos, da tecnoloxía que tiñan e teñen os carpinteiros de ribeira, antes de existir a enxeñeria, e de cómo foi sempre infravalorada polas administracions. Moitísimas gracias os dous, e pedimos disculpas por non poder ter feito un turno de rogos e preguntas. Se nos botaba o tempo enriba e o retraso do pregrama se ía acumulando



E logo de tomar un café, fixemos a mesa redonda, onde participaron según podedes ver ahí na foto, de esquerda a dereita, Jose Ignacio Villar, director de Portos de Galicia, Pedro García, capitán marítimo de Sada, Victor fernández, Presidente da FGCMF, Fernado Mateo, Presidente da AAETG da Coruña no papel de moderador e Pablo Carrera, director do museo do mar de Galicia.
A todos ele moitísimas gracias pola súa colabouración.



Jose ignacio, o Director de Portos, anunciounos que hai un proxecto aprobado o vernes 29 de Maio deste ano polo parlamento de Galicia para que as embarcacions tradicionais gozen de tratamento fiscal especial, unha boísima noticia para todos. Pedro, nos explicou o por qué das dificultades do papeleo, e animounos a todos os afeccionados a insistir na elabouración dunha lista especial para as nosas embarcacions. Tamén resaltou que hai un Real Decreto que trata de xeito especial as embarcacions que se consideran antiguas, de mais de 50 anos. Victor volveu poñer de manifesto a necesidade que temos todos de facer un censo, e recordou que nos pantalans de Bouzas hai un sitio específico para as embarcacios tradicionais, pero a tarifa segue a ser a mesma ca das planeadoras. Pablo Carrera, ilustrunos sobre o que foi Sada e o que é, e logo, cómo temos que encamiñar a conservación do noso patrimoinio marítimo. Nunha mensaxe moi clara, explicounos que ten que ser a iniciativa nosa, de todos, que debemos ser toda a sociedade moi proactivos e ter nos as iniciativas, e logo a administración debería responder.
E por fín chegou o xantar, onde houbo como sempre caldo, nunha cunca de barro de Buño, co nome dos Patexeiros, que a xente levou como recordatorio do día. Tamén houbo empanada de trigo de zorza, outra de trigo do país de mexilon e outra mais de peixe. Tamén tivemos un excelente pan de centeo e outro de trigo do país que fumos buscar a Baamonde (lugo). A nosa cociñeira Ana, fíxonos non so as empanadas e o caldo , senon chicharrons caseiros, unhas pastas con formas de vela latina e de relinga en plan didáctico, e unha morea de biscoitos e orellas de postre.
Xa non podemos abusar mais da súa arte ate o 2018, pero a xente con fame desde logo que non quedou.




Logo, na tarde, tivemos un acto moi interesante. Os veteranos, nos enseñaron o que lembraban de distintos aspectos. Javier, o mecánico da Coruña, explicounos cómo eran ese motores, como era cada un, como funcionaban, cómo facían para reparalos, etc. Díxonos que se o coidamos un pouco, o motor da Balbina pode durar mais de 100 anos. E Eduardo Gullén, o home que nos cedeu a foto do cartel e que di que ten unhas 17000 fotos de Sada na casa, que e seu vicio. Contounos de todo canto acontecía en Sada, de cómo era a collida do patexeo, de cómo eran os barcos, etc.




E para rematar, o paseo , onde vimos o que ve calquera que visite Sada. O Centro comercial, a antigua nave de redeiros, construción de ferro moi antigua, convertida hoxe en ainda non se sabe o qué, os iates de luxo, as motos de auga, pero tamén as fermosísimas casas mariñeiras de Fontán, o "Tina Husted" que David, seu patron nos amosou e por suposto: A BALBINA


Houbo que nos fixo un comentario, así polo baixo: "......Que sitio mais bo para facer un Encontro de Embarcacions de Galicia.....". Sen dúbida fixouse en que esta ría e estupenda para a navegación, sobre todo para as embarcacions menores, fixouse en que hai varias explanadas enormes no porto, en que hai moitísimo sitio no mar para fondear as embarcacions por uns dias, en que hai un enorme paseo marítimo, en que no verán Sada triplica a súa poboación.....¿que tal no 2021?. Daquela a moto de auga posiblemaente xa se verá coma algo pasado de moda. Tal vez este 30 de Maio xa dimos o primeiro paso.
Moitísimas gracias a todas as persoas e as entidades que participaron nesta xornada. Esperemos que para a seguinte vos poidamos convidar a navegar na Balbina.


A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org