Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2009

XORNADA TECNICA DE NAVEGACION TRADICIONAL

Imaxe
O Vindeiro dia 30, a nosa asociación ten organizado unha xornada técnica sobre navegacion tradicional, que se centrará nas embarcacions do Norte de Galicia e concretamente no caso de Sada. Será na Casa da Cultura "Pintor Llorens", e comenza as 11 da mañán. A Xornada está dividida en tres actos. Pola mañán, teremos unha interesantísima conferencia sobre as embarcacions do norte, a cargo de Bernardo Maiz e Cásar Bedoya, ambos expertos en estas embarcacions. No segundo asalto, teremos unha mesa redonda sobre o estado do noso patrimonio marítimo, as vias de conservación , o tratamento que ten a administración sobre este tema, as iniciativas que se poden dar, etc. Estarán O Capitan marítimo de Sada, o Presidente da AAETG, o director do Museo do Mar de Galicia , e salvo imposibilidade de vir, o presidente de Portos de Galicia. Tamén temos organizada unha comida con pratos tradicionais que por mor de non ter ainda subvencions nos vemos obrigados a co