XORNADA TECNICA DE NAVEGACION TRADICIONAL




O Vindeiro dia 30, a nosa asociación ten organizado unha xornada técnica sobre navegacion tradicional, que se centrará nas embarcacions do Norte de Galicia e concretamente no caso de Sada. Será na Casa da Cultura "Pintor Llorens", e comenza as 11 da mañán.
A Xornada está dividida en tres actos. Pola mañán, teremos unha interesantísima conferencia sobre as embarcacions do norte, a cargo de Bernardo Maiz e Cásar Bedoya, ambos expertos en estas embarcacions.

No segundo asalto, teremos unha mesa redonda sobre o estado do noso patrimonio marítimo, as vias de conservación , o tratamento que ten a administración sobre este tema, as iniciativas que se poden dar, etc. Estarán O Capitan marítimo de Sada, o Presidente da AAETG, o director do Museo do Mar de Galicia , e salvo imposibilidade de vir, o presidente de Portos de Galicia.
Tamén temos organizada unha comida con pratos tradicionais que por mor de non ter ainda subvencions nos vemos obrigados a cobrar (6 € para cubrir gastos), pero incluimos un pequeno agasallo. E importante apuntarse con antelación no noso correo (patexeiros@hotmail.com), pois non temos moitas prazas. Será por orde de inscripción.
E despois de comer temos un acto de recolleita da memoria da cultura popular, consistente en ter as testemuñas da xente mais maior de Sada, xunto con entendidos en navegación tradicional para intentar reconstruir cómo eran os barcos "patexeiros", como navegaban a vela, como collian o patexo, a que outras artes andaban, etc.
E como despedida, temos unha pequena visita guiada polo paseo marítimo de Sada, onde o visitante pode ver en que estado temos o noso patrimonio marítimo, e a visita ó barco.
Esperamos veros alí en Sada, compartindo con nós a ilusión de pensar que ainda non e demasiado tarde para poder facer algo pola conservación do patrimonio marítimo, agora tamén en Sada.

Comentarios

  1. Mira o que son as cousas; antes de anunciar a actividade no blog xa un compañeiro de traballo e amigo me avisara de que había algo de cultura marítima en Sada.
    Gostaría moito de asistir, pero non é seguro de que dispoña desa data. En todo caso se finalmente podo ir xa me inscribo mediante o e-mail que proporcionades.
    Posiblemente non poida asistir, aínda que de todas formas estarei con vós.
    Unha aperta, amigos patexeiros.

    ResponderEliminar
  2. A xornada estivo ben pero o que estivo xenial foi a comida.
    FELICIDADES A COCIÑEIRA!!!
    Seguide así patexeiros.
    Un saudo dun que pasaba por alí

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog