luns, 27 de xaneiro de 2014

8ª XORNADA DO CURSIÑO DE CARPINTARÍA

Este sábado, os alumnos do cursiño, seguiron dándolle para adiante á buceta.

Un pracer volver a contar de novo con Xavier, o máis pequeno dos irmáns Lage que xa se incorporou despois de varias semans de baixa por mor dun accidente de tráfico. Ainda que como vedes nas fotos, segue sen poder contar cunha das máns para traballar.


Nada máis empezar a xornada, todos lle arrimaron o lombo e puxeron a buceta coa quilla mirando para o ceo, para poder traballar en grupos polas dúas bandas máis cómodos.



Victor e Lino continuaron tallando o alefriz coa trencha e moita paciencia O carballo estaba duro coma o seixo e derramaba as ferramentas. Levoulles tempo, pero foi un traballo ben feito, só lle falta o toque máxico de Pepe.


O mesmo facía Rafa na cara de babor da roda. Outro bo traballo. O mestre Pepe di que é un traballo que lle gusta moito, ainda que a algúns alumnos non lles parece tan bonito.


Javier Naveira dándolle tamén ó alefriz.



Moncho e Jose Carballo estiveron frasquiando unhas  tàboas. Frasquiaron tres ou catro, que xa quedaron cravadas, pero xa están as xemelgas da outra banda listas para cravar.



Aquí, Jose Carballo, cortando una traca  na serra, logo se cantearía e se fendería ó medio, unha para cada banda.


 Este proceso fíxose varias veces, tomando as medidas da plantilla, pasándoas ó tablón e marcandoo.


Logo cortando na serra, pasando pola cepilladora, fendendoo ó medio para sacar unha traca para cada banda, e logo pola regruesadora para darlles o grosor determinado de 13 mm. Carballo e Luis cortando unha traca.



Aquí vedes o proceso de presentación e fixación da táboa coas torniquetas para posteriormente cravala.




 O traballo vaise facendo pouco a pouco pero a buceta segue indo adiante. A ver se esta promoción do curso son capaces de rematala e botala ó mar.


Así foi como quedou o barco ó remate da xornada, pero xa con moito traballo feito para o vindeiro sábado.


Fotos: Moncho Cerviño e Dolores Vázquez
Texto: Colaboración de Moncho Cerviño e o Palmeirán 

luns, 20 de xaneiro de 2014

7ª XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Despóis do parón de Nadal, retomamos este sábado o Curso de carpintaría.

Contamos nesta xornada ca incorporación do amigo Jose, patrón da dorna Albatros, que se decideu a facer estas 4 xornadas restantes. E tamén contamos coa asistencia dun amigo que veu como invitado dende Vigo a ver como se desenrrolaba  unha xornada do Curso. Dámoslle as grazas polo seu interés.

Esta xornada era eminentemente de repaso do proceso constructivo.


O mestre David estivo explicándolles de dónde nacían os taboleiros de formas, e que tanto partindo do medio modelo, como das plantillas, á hora de empezar o proceso constructivo, tiñan que pasar sempre polo taboleiro de formas, así que cumpría telo ben claro.


Despóis das explicacións sobre o taboleiro e o escantillón, pasóuse a  unhas explicacións na pizarra, durante as cales todos os alumnos estiveron moi atentos.

A continuación douse paso á construcción dunha plantilla para facer unha das cadernas correspondentes a un barco duns 10 metros de eslora.

Empezaron copiando as liñas do taboleiro correspondentes á caderna nº 7 de popa, coa axuda da cabeza dunhas puntas, cas que presionaron sobre unhas tablas coas que se iba a conformar logo a plantilla.

Unha vez unidas todas as pezas das táboas quedou rematada a plantilla.


Utilizando a plantilla pasóuse logo a copiar nunha peza de piñeiro as distintas partes, para ir sacando as varengas e os xenoles que conformarán a caderna. Normalmente, utilizaríase madeira de carballo, pero como se trataba dun mero exercicio usamos madeira de piñeiro.


Despezóuse a peza de piñeiro marcada nas distintas pezas que conformarán a caderna.










Agora tocaba explicar os cartabóns (cartamóns) ou caidas que levarán as cadernas nas distintas líñas de augas, polo que o mestre técnico David se desplazou de novo á pizarra para explicarlles sobre a mesma, o que logo, o mestre Pepe iba a facer na serra coa axuda da mesa auxiliar construída para facilitar os cartabóns nas cadernas.


Montaron a mesa auxiliar na serra de cinta, para axudar a facer os cartabóns.


Un dos alumnos á serra e o mestre seguindo as indicacións feitas na plantilla, dábanlle a caída correspondente a cada líña de augas, elevando ou baixando a mesa e facendo coincidir a marca na tablilla ca liña da plomada.

Este curioso procedemento foi seguido moi polo miúdo por todos os alumnos.

Unha vez cortadas todas as pezas e dadas as caídas correspondentes, procederon a montar a caderna.


E con iso dóuse por rematada a xornada de hoxe, de repaso do proceso constructivo.

O vindeiro día continuarán co forro da buceta.

Palmeirán





sábado, 18 de xaneiro de 2014

Este sábado 18 de xaneiro retomamos o Curso de carpintaría de ribeira

Despóis do parón do Nadal, o sábado 18 de xaneiro retomaremos o Cursiño de carpintaría de ribeira en Lorbé.

Alumnos, preparádevos para un repaso das nocións aprendidas.


sábado, 11 de xaneiro de 2014

URXENTE: ESTE SABADO 11 NON HABERÁ CURSIÑO DE CARPINTARÍA

Por motivos axenos á Asociación, este sábado 11 de xaneiro non haberá Cursiño de carpintería en Lorbé.

Surxéulle un imprevisto ó mestre carpinteiro e non pode dar a clase desta semán.

Intentamos avisar por email e teléfono a todos os alumnos, pero non poidemos contactar con dous deles. Nin tampouco cunha persoa que se iba a desplazar de lonxe para asistir hoxe.

As clases se retomarán o vindeiro  sábado 18 de xaneiro e recuperaremos máis adiante este sábado perdido.

Desculpade as molestias.
A.C.M. Os Patexeiros

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org