8ª XORNADA DO CURSIÑO DE CARPINTARÍA

Este sábado, os alumnos do cursiño, seguiron dándolle para adiante á buceta.

Un pracer volver a contar de novo con Xavier, o máis pequeno dos irmáns Lage que xa se incorporou despois de varias semans de baixa por mor dun accidente de tráfico. Ainda que como vedes nas fotos, segue sen poder contar cunha das máns para traballar.


Nada máis empezar a xornada, todos lle arrimaron o lombo e puxeron a buceta coa quilla mirando para o ceo, para poder traballar en grupos polas dúas bandas máis cómodos.



Victor e Lino continuaron tallando o alefriz coa trencha e moita paciencia O carballo estaba duro coma o seixo e derramaba as ferramentas. Levoulles tempo, pero foi un traballo ben feito, só lle falta o toque máxico de Pepe.


O mesmo facía Rafa na cara de babor da roda. Outro bo traballo. O mestre Pepe di que é un traballo que lle gusta moito, ainda que a algúns alumnos non lles parece tan bonito.


Javier Naveira dándolle tamén ó alefriz.



Moncho e Jose Carballo estiveron frasquiando unhas  tàboas. Frasquiaron tres ou catro, que xa quedaron cravadas, pero xa están as xemelgas da outra banda listas para cravar.



Aquí, Jose Carballo, cortando una traca  na serra, logo se cantearía e se fendería ó medio, unha para cada banda.


 Este proceso fíxose varias veces, tomando as medidas da plantilla, pasándoas ó tablón e marcandoo.


Logo cortando na serra, pasando pola cepilladora, fendendoo ó medio para sacar unha traca para cada banda, e logo pola regruesadora para darlles o grosor determinado de 13 mm. Carballo e Luis cortando unha traca.



Aquí vedes o proceso de presentación e fixación da táboa coas torniquetas para posteriormente cravala.




 O traballo vaise facendo pouco a pouco pero a buceta segue indo adiante. A ver se esta promoción do curso son capaces de rematala e botala ó mar.


Así foi como quedou o barco ó remate da xornada, pero xa con moito traballo feito para o vindeiro sábado.


Fotos: Moncho Cerviño e Dolores Vázquez
Texto: Colaboración de Moncho Cerviño e o Palmeirán 

Comentarios