domingo, 29 de novembro de 2009

Se os Alemans puideron, Os Patexeiros tamén


Xa sabedes que logo da segunda guerra mundial, iso que lle chamaron "O milagro Alemán", que non só reconstruiron un pais en ruinas senón que ainda por riba se converteron en potencia mundial.... Polo menos iso foi o que nos contaron.

Exactamente coma os Patexeiros. Despois do temporal..outro temporal, e despois outro.... pero virá a calma. Así que xa empezamos o noso particular "Milagro Patexeiro". Xa
veredes como volveremos a flotar.


Este sábado empezamos polo pequerecho, polo bote auxiliar, que fixeramos entre varios afeccionados alá polo 2005 e co que afundimos o mes pasado. Fibra, si FIBRA DE VIDRIO, xa sabemos que o poliéster non e tradicional, pero e sinxelo e repara os botes. Velaí está Palmeirán logo de enfibrarllo o plan do bote.
Tamén se achegaron o Pepe e o Martiño, que foron sacar a dorna do mar , e achicar outros barco (a buceta xa estaba ó límite). Axudados polo noso superheróe Jaime, que como podedes observar ten un sistema térmico doutro planeta. Ahí está, en bañador e en plena surada, onte, co frio que ía...,


Deberiamos facer un calendario deses que están tan de moda, un mes para cada Patexeiro. O Jaime podería ocupar o Nadal con esta maravillosa estampa....

E falando de estampas, ahí estamos coa actividade mais tradicional. Para contrarestar o do Poliéster, empezamos a construcción do mediomundo, e para iso fumo ó monte, fouciño na man, a apañar unhas varas para facerlle a estructura.



Así están as cousas. Parece que vai funcionando o das actividades do sábado pola mañan. Pouquiño a pouco. Reconstruindo o que nos levou a surada, e preparándonos para a seguinte.


Ademais, xa sabedes que desde o pasado vernes, xa temos un foro de opinión :


http://patexeiros.foroactivo.com/forum.htm


Ahí podedes deixar os vosos comentarios, respostar os que xa están activos, dar suxerencias , facer as críticas que queirades, dar ánimos, etc. Só os tedes que rexistrar cun mote e mias un correo electrónico, e xa está.


Como vedes, ante a dificultade, dámoslle con mais forza. Así, como os Alemans, según nos contaron, ainda que.....


¿e eses Alemans, digo eu, non o farían a base de subvencions?





martes, 24 de novembro de 2009

XA TEMOS FOTOS



Coma parece ser que os Patexeiros se nos inclúe desde o punto de vista zoolóxico dentro da especie Homo Sapiens Sapiens, despois de case 10 meses, a nosa intelixencia suprema foi capaz de descifrar o complexo funcionamento do Picasa e do YuoTube, e por fin podemos ofrecervos esas fotos nas que, xa non lembrabades, saíchedes retratados.


A estas alturas do artigo, xa vos estaredes preguntando que c. pnta ahí a Ava Gardner. E certo, aparentemente nada de nada. Pero non e así. A Gardner e os Patexeiros temos moitísimas cosas en común. Por exemplo: somos equivalentes zoolóxicamente falando.


Ademais, xa tanta foto de barco , xa aburre, había que rechear un pouco con outra cousa para buscar o contraste.
Apropósito desta muller, hai unha anécdota dun amante que tivo por alá polo sur, Luis Miguel Dominguín, que disque cando se liaron, o dia seguinte levantouse da cama e cando marchaba preguntoulle ela:

- "¿A onde vas, ou ? "

E Contestoulle él:



- "A Contarllo ós amigos".



Case todo o mundo pode sacar a conclusión de que ¿para qué vale deitarse cunha estrela de Hollywood? Pois para que vai ser:



PARA CONTALO



E penso que a nós non pasa igual, para que tanto arranxar nos barcos, cargar coas velas, mollarse se hai chuvia, andar de aquí para alá cos remolques....



PARA CONTALO.




Así que por fin temos un maravilloso album Web de Picaso. Perdón de Picasa, Picaso foi o que debuxou "Matador", ese homiño que tedes ahí, que ven sendo ese que tanta presa tiña por contar que se deitara coa outra.


Ahí vos vai, despois de tanto palique o link:


http://picasaweb.google.com/ospatexeiros.asociacincultural

Están as fotos do mais destacado deste ano (A excusión a Ribeira, o Encontro de Muros, A Regata de Redes, As regatas da Copa "Balbina"... e moito mais que iremos subindo.

Moitísimas gracias a Xose (Palmeirán), que foi o Sapiens mais sapiens que ninguén para o tema e fixo o álbum.

E Ademais, subiu videos o Yuotube:

http://www.youtube.com/watch?v=-l3__Tz5nfw

http://www.youtube.com/watch?v=oi0Fv1c9OHo

http://www.youtube.com/watch?v=arGk2xKJTyw


Para aforrar espacio, as fotos están nunha resolución modesta, pero se alguén está interesado nalgunha foto mandamoslle a orixinal.

E se alguén que re colabourar con algún alúm, mandádenos as fotos ó noso correo e as incluimos.







martes, 17 de novembro de 2009

A venganza dos Deuses

O dia 13 de Nobembro, ese dia no que se cumpría o xa non sei cal aniversario do temporal que levou o "Prestige", parece que os Deuses, en caso de existir, cebaronse con nós coa sua venganza.
Unha surada das mais fortes que se recordan nas últimas datas (agás a do pasado 23 de Xaneiro), levounos prácticamente todos os barcos.
A única que aguantou un pouco o tipo foi a dorna "Boaventura", e iso porque o cabo do tira-vira se liou non sei como, e aguantouna. O "Arredemo" fixo resucitar ó morto que o tiña preso e foronse os dous por ahí a dar unha voltiña pola ria. Non foron moi lonxe, se entretuveron rascando outra embarcación, e logo, a descansar contra as pedras. Rescatámolo a tempo e terá arranxo, pero estará unha tempada en terra.
O Jaime tamen tivo moi mala sorte. O "Picapeixe" (un Golfiño de fibra de 5 m) deulle a volta, cravou o pau no fango e rachouno. O casco apenas lle pasou nada (menos mal), pero o pau quedou mutilado. Agora ou ben lle falta un metro de pau ou ben lle sobran un metro de vela.
O Bote azul ese que está pendente de reparar que nos cederon tamén, contra as rochas. Non tivo moito destrozo porque xa esta feito po, pero foi ó fondo. O rescatamos o Domingo e agora polo menos xa saiu novamente a frote. Xa e a segunda vez que o refrotamos. Hai un acordo dunha asambleia por maioría de lle chamar o "Arre Carallo", pero eu penso que éste bote ten merecido tamén o nome de "Raxoi", porque pase o que pase milagrosamente acaba saindo novamente a frote. Mias tocado, pero no mar, no seu sitio.

A buceta "Punta fiateira" tamén deu a volta, ainda que quedou no sitio. Refrotárona os rapaces do Clube Recreativo (MOITISIMAS GRACIAS) o sábado. Coma por arte de maxia, conservou os remos, parte do enxaretado, a cana do timón e mais o rizón. A pala e outras pezas do enxaretado as rescatamos en terra, nas rochas.

E por último, a Balbina, como non, o noso buque insignia, non podería ser menos. Rachou unha das amuras, casualidade, onde estaba a cornamusa cos cabos de amarre. Algunhas cuadernas racharon a ras da obra morta, e houbo que refacerlle os amarres todos.

Ademias, temos o auxiliar en terra para reparar (despois de ter naufragado con el a semana anterior).

Resumindo, que nos pasou como o Felipe II, que tivemos que loitar contra os elementos. Neste caso, tamén perdimos.

Se cadra para o seguinte aniversario, podemos ofrecerlles ous deuses un sacrificio dun animal de granxa vivo ( por ex un rodaballo, unha centola, unhas necoras...) pero por favor, Deuses, se sodes tan amables:

NON NOS DESTROCEDES OS BARCOS, QUE NON DAMOS FEITO.

xoves, 5 de novembro de 2009

Chegou o mal tempo por fin

Xa era hora. Xa era moito estirar o verán, e por fin , os primeiros temporais do Outono. A partir de agora, pouco se poderá navegar, o non ser por Internet.

E coma non podería ser doutro xeito, xa viñeron os primeiros sustos cos barcos fondeados. Onte, o bote de Francisco marchou por ahí de ruta turística pola ría. Rachou o cabo, e apareceu amarrado a unha boia que non era. Moito mais alá. Non sabemos cómo foi parar alá nin que o atou, pero alá estaba.

Así que onte a noitiña, al.a fumos ó rescate. E IMPOSIBLE VOLVER A RECOPILAR TAN MALA SORTE EN UNHA HORA E MEDIA:

Collimos o chinchorro, e chegamos ó bote. Lembramos que lle faltaba un tolete e amañamos cun cabiño. E solttámonos da boia, e como non, empezou a zoupar o vento xustiño de proa, e bastante forte. Tanto esforzo fixemos que se levantou o cabiño do remo amañado, e o outro tolete marchou ó mar. Así que entre unha cousa e outro, marchamos para atras, en vez de avanzar. Volvimos a amañar os remos como puidemos, e desta si, consguimos chegar o fondeo do "Galeón" que xa sabedes que e o nome do bote de Francisco.

Mentras amarrabamos ben, parou o vento e empezou a caer unha chivia destas que fai subir a marea, a cubos. Unha vez debidamente empapados, voltamos a terra co chinchorro. Ou polo menos iso pretendiamos. O caso e que nos escasos 10 m que hai do bote ate a rampa, aquelo empezou a meter auga dun xeito que o avanzabamos case o mesmo hacia diante que hacia abaixo. AFUNDIR NUN TRAMO DE 10 M, O QUE NOS FALTABA !!!!. . Por peliños, porque cando o bote xa estaba zozobrando, xusto alcanzamos as rochas, e puidemos saltar a terra. So nos mollamos de cintura para abaixo con auga salgada e de cintura para arriba con auga doce.

Toda unha aventura. Así que ¿quen dixo que xa non se sae a navegar ou que xa non nos bañamos ate o mes de Maio?

Por certo, Os Patexeiros colabouraremos coa loxística das festas do Magosto do Concello, prestando o noso aparello para asar castañas a cubos. E animamos a todos a participar da festa. Haberá campeonatos deportivos, concerto de Rock, xogos tradicionais, baile, "Jam Sesion" de gaiteiros, concursios de zoncos, viño, bebidas, e como non Castañas, nunha festa que durará todo o fin de semana. Ahí tedes o link:
http://www.concellodesada.com/actualidade/nova.php?id=720&lg=gal
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org