Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2010

O Mar Egeo segue dando que falar

Imaxe
A estas imaxes sepáranas nada máis e nada menos que 6474 días, vamos, case que 18 anos. A primeira corresponde ó fatídico día do 3 de decembro de 1992, cando ó Mar Egeo se lle dou por ficar para sempre na nosa costa. As de máis abaixo foron tomadas este mércores pasado no entorno da Torre de Hércules. Iba eu dando un paseo polos camiños que rodean á Torre cando me fixeu nun barco que estaba encima da Zona Cero. Quedéime uns minutos e vin que estaban procedendo ó desguace do petroleiro, ¡¡¡¡18 anos despóis !!!! O Mar Egeo, que case que merece a condición de embarcación tradicional, entre os anos que tiña e os que leva ós pés da Torre, negábase a quererse ir do seu repouso, e de feito, podedes ver como nas últimas fotos o barco de rescate non é capaz de izar unha das pezas do barco e tense que ir con ela abarloada cara ó muelle para descargala. Vaite dunha vez, que bastante mal nos fixeches...e que non volva outro. by Palmeirán

Sail & Oar 2010

Imaxe
O fin de semana do 14 e 15 de agosto tivo lugar, na illa de Cumbrae (Escocia), o primeiro festival Sail & Oar . Vela e remo, para entendérmonos. Este evento está organizado pola asociación Galgael e contou coa presenza de embarcacións irlandesas, vascas e galegas; aparte, por suposto, das propias de Escocia. A illa de Cumbrae esta situada no fiordo do Clyde onde historicamente se desenvolveu unha importante industria naval. Millport é a única vila da illa e está formada por unha ringoleira de casas ao longo da costa, nunha fermosa bahia. Hacia o alto da illa está a catedral máis pequena da Gran Bretaña e na ribeira abondan os iates clásicos, cousa normal sendo Millport un dos destinos para deportes nauticos máis populares da zona de Glasgow. O primeiro día do festival era o sábado, pero xa o venres se via actividade. A xente chegaba cos seus barcos, as asociacións montaban os postos e había xa numerosas tendas de acampada instaladas polas campas que rodeaban o Garrison House . Xa

Anuncio de regata para o sábado 21

Imaxe
Por fin podemos anunciar unha regata sabendo que (de momento) non haberá que suspendela. Ademais, a faremos nun dia que está anunciado coma espectacular, xa que estará despexado e o vento de NO non será moi forte, coma en xornadas pasadas. Por iso, e aproveitando que por fin hai un dia bo, vos animamos a todos a que veñades á regata de Sada. A hora de comenzo será as 5 da tarde, a saída xa na auga. Xa sabedes que para poder puntuar na Copa, haberá que inscribirse no barco do Comité antes de dar o sinal de saída. Todos aqueles que xa teñan participado este ano na copa, non fai falta, so confirmar que son os mesmos tripulantes,ou se non comunicar os cambios. Xa sabemos que sempre hai dúbibas co sinal de saída. Así que en todas as regatas, repetimos a normativa, como cando vamos tomar as uvas de fin de ano e nos explican que non hai que se trabucar cos cuartos. A primeira sinal que escoitaredes é a de AVISO, e consiste en unha serie de pitidos intermitentes. Pódense dar varios avisos, per

A Copa Balbina 2010

Con tanta festa e tanta cousa, case nos esqueciamos de que estaba en xogo novamente a Copa 2010. Este ano, andamos con retraso. Coma din normalmente nos aeroportos en varios idiomas por "Causas operativas". Xa o comenzo foi un desastre, porque houbo que aprazar a primeira regata, e logo tivemos que recuperala o dia 18 de Xullo. Pero tivo que ser pola mañan, tamén por causas organizativas. Xa sabemos que non son horas, pero non podía ser noutro momento. Agradecemos moitísimo a visita dos nosos veciños de Ferrol, xa que para eles é especialmente lonxe. E a clasificación, segue un pouco coma o ano pasado, con Pepe de primeiro. Eche coma cando estaba Indurain no ciclismo, que non había xeito de desbancalo. Familiares e amigos de Pepe, por favor: Invitadeo a unha boda ou bautizo ou algo así, a ver se lle podemos remontar....É broma, por suposto, que agradecemos moitísimo a constancia de Pepe nas nosas regatas, e foi para nós un honor que fora o anterior gañador. Velahí tedes a c

Na I Feira Mariñeira de Sada

Imaxe
-“Que, e agora, ¿Cómo se che queda o corpo?”.Isto foi o que me dixo Francisco Grandal cando ante nós, Luis, o que fora carpinteiro de ribeira en Sada, botou toda a súa ferramenta diante de nós, anunciando que era un agasallo á asociación. Luis traballara nos asteleiros que estaban na praia, alá onde hoxe hai edificios de pisos con bares e franquicias. Presentouse él, que pasaba por alí, pola feira, mentras Francisco estaba a fasquiar (en Sada “frasquiar”) una das taboas do forro, cun incontestable: - “Así non vas ben, rapaz, así non che vai sair”…. Moi noso, moi galego, en negativo. Pero acto seguido, Luis nos deu unha clase do frasquiado a todos que quedamos abraiados. O público da feira xuntouse a miralo, e nós a atender a explicación, que boa falta nos fixo. E unha vez que tivo terminado, tamén nos dixo que esa ferramenta que tiñamos nos, que non valía. E foi cando unha hora mais tarde foi ao seu trasteiro e nos fixo ese fermoso agasallo.A súa ferramenta ten un gran valor para nós.