mércores, 18 de agosto de 2010

Anuncio de regata para o sábado 21

Por fin podemos anunciar unha regata sabendo que (de momento) non haberá que suspendela.

Ademais, a faremos nun dia que está anunciado coma espectacular, xa que estará despexado e o vento de NO non será moi forte, coma en xornadas pasadas.

Por iso, e aproveitando que por fin hai un dia bo, vos animamos a todos a que veñades á regata de Sada.

A hora de comenzo será as 5 da tarde, a saída xa na auga. Xa sabedes que para poder puntuar na Copa, haberá que inscribirse no barco do Comité antes de dar o sinal de saída. Todos aqueles que xa teñan participado este ano na copa, non fai falta, so confirmar que son os mesmos tripulantes,ou se non comunicar os cambios.

Xa sabemos que sempre hai dúbibas co sinal de saída. Así que en todas as regatas, repetimos a normativa, como cando vamos tomar as uvas de fin de ano e nos explican que non hai que se trabucar cos cuartos.

A primeira sinal que escoitaredes é a de AVISO, e consiste en unha serie de pitidos intermitentes. Pódense dar varios avisos, pero sempre son pitidos intermitentes. E para que os barcos se acheguen a zona de saída. Cando estea a flota ao completo (podemos esperar un chisquiño por algún rezagado), se dará o sinal de preparación da saída, que e un pitido longo, e indica que faltan 5 minutos para a saida. Ahí tedes que mirar xa o reloxo e empezar a calcular. Logo chega outro pitido similar, que e o de 4 minutos, e logo outro máis, que e o que avisa de que queda 1 minuto. A partir dese momento, xa non se pode estar fora da liña de saída, e por último, se pita a saida, con outro pitido longo.

Se tomades mal a saida, se non cededes ben o paso, ou se tocades unha boia, hai que dar unha volta por detras da boia de saida, para non facer un DESCALIFICADO.

Sobre o percorrido, vamos facer un moi sinxelo, unha especie de triángulo olímpico pero sen o barlo - sota final, para non nos confundir. Xa o complicaremos para outra.... Como vedes e moi sinxelo, con dous traveses e unha popa, para lucir ben o barco e dar un bo paseo. Según a previsión o vento estará de NO, pero se rola a N, ou NE, quedará un primeiro tramo de bolina.
En calqueira caso, hai que sair entre o barco do comité (rectángulo azul) e a boia, tomar as outras duas boias deixandoas por babor, e entrar directamente, sen dar a típica volta por detras. Facemos así para evitar confusions. Pero para a próxima intentaremos ser mais técnicos e dar instruccions impresas na saida. Por iso, nos axudaría moito saber cantos barcos ides vir. E tamén porque tiñamos previsto servir un "refrixerio" no mar (ao contrario que IBERIA, que xa non dan nin os bos dias)


Esperamos que vos animedes a vir. Xa sabedes que tedes 3 puntos por participar para a Copa, e un máis por cada barco en función do posto. E se hai duas mangas (se da tempo a facelas), podedes sumar mais puntos ainda. Cantos mais sexades, mais puntos teredes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com