O día empezou cedo. Lucas “O presi”, Palmeirán “O Palmeirán”, e
Pablo “O Feituco”, dábanse cita en Sada para arbolar A Desexada co seu
novo pau.
Lucas e Palmeirán estiveron primeiro en Lorbé con labores de
enxeñería loxística. Había que transportar o mastro nun remolque, e o
pao sobresalía en forma de ariete… Difícil solución.
Con hora e
media, de tradicional retraso, sobre o horario previsto, o mastro chegou
a Sada. Unha mente traballa ben, duas xuntas bueno, tres… son un debate
da Nación…
Con ese consenso os tres enxeñeiros decidiron en que lugar
poñer os motóns, e resto de cabullería.
Contra todo pronostico, a cousa
foi ben. Preparábase así A Desexada tras o seu accidente na Xuntanza Patexeira onde rompera o mastro.
O vento no mar iba crecendo a
cada minuto que pasaba.
Sobre as catro da tarde comenzaron a chegar as diferentes
tripulacións das embarcacións que iban participar nesta regata da Copa
Balbina.
O Feituco, tamén coñecido por ser nomeado por Palmeiran
como “Morán o prudente!”, decidía que A Feituca ese día non sairía a
navegar. O vento con máis de 12 nós sostidos e rachas que superaban os
20 sobrepasaba o seu límite según o seu patrón.
Sete barcos
se deron cita en Sada: A Desexada, O Canouro, A Leiladoura, A Rabuda, O Capricho e a Albatros.
As condicións realmente extremas para este tipo de
embarcacións fixo que outras embarcacións de outros portos decidirán non
asistir a regata. Feito que aplaudimos, porque o primero é a seguridade
das tripulacións, e o segundo a integridade deste tipo de barcos.
Mellor quedar na casa un día, que para sempre no fondo do mar.
A
tripulación da Desexada combinábase nesta regata coa da Feituca. Por
elección popular O Feituco patroneaba, mentres O Palmeirán, e Pepe, alias
“Pepelu”, facían labores de proel, contrapeso… e de contrabaixo non..
porque non había….
A primeira decisión tomada polo patrón foi a de rizar
a cangrexa… Descisión que non se tomou debido a un motin a bordo… Os
proeles mandaban mais que o patrón… eiqui os refráns non valen…
Os barcos poñían proa ó campo de regata.
Sairían as embarcacións dende o
porto rumbo a Gandarío debido á compoñente Sur do vento.
Todos iban
probándose en tan extremas condicións… No mar non había borreguillos…
había un manto branco que por momentos parecía a festa da espuma do
extinto “Os Condes”.
Nestas condicións, A Rabuda e O Capricho decidían
voltar a porto. Non estaba o corpo para sustos- Ben feito!
A Leiladoura
loitaba cun vento que a superaba e quedou pola zona para ver a regata
protexida en augas máis tranquilas próximas á Praia de Sada.
Pola
súa banda, cada tripulación probaba a súa nave e Canouro e Albatros
rizaban as súas velas. Pola contra a Desexada iba a todo trapo
demostrando o chula que é…
O seu patrón quixo probar a trasluchada, xa
que nunha das boias terían que facela si ou sí. Dixo; “imos facelo
despaciño. Nese intre que viraban, unha racha golpeóunos facendo orzar o
barco ata límites que todos os que estaban a bordo recordaron aquello
que dicía o capitán Jack Sparrow “Abaixo é arriba, e arriba é abaixo”.
Por sorte recuperóuse o control. Os corazons… ainda tardarían bastante
tempo en voltar ó seu sitio… Palmeirán declarou “Nunca na miña vida
pasei tanto medo”, Pepelu pola súa parte non falaba, aferrábase á borda e
se ataba ó mastro. O patrón quitáballe importancia sin decatarse que o
atragamento que sufría se debía a un ascenso incontrolado das súas
gónadas ó seu pescozo… Así todos chegarían ó consenso de que rizar a
vela non era tan mala idea.
E deste xeito chegamos ó inicio da primera
manga.
Só tres barcos a iniciaban, Desexada, Canouro e Albatros.
O Canouro saliu como un filispín. A xente de Perbes na Albatros non se
creían a pesadilla que vivian; aparecía un barco no Arco Ártabro que
lles estaba poñendo a súa popa fora do seu alcance.
Cunhas viradas que
producían unhas orzadas máis típicas da Volvo Ocean Race que da Copa
Balbina, os tres barcos percorrían a toda velocidade o campo de regata.
Bueno, sexamos sinceros, A Desexada virar, o que se dí virar… o tiña moi
complicado. Un patrón ainda non asentado á nova configuración
vélica (si, xa o sei… algo hai que decir… non se pode admitir que faiaba
máis ca unha escopeta de feira) e uns proeles que precisaban de catro
mans para manexar un só foque… as aproadas eran constantes.
Transcurriu
así a primeira manga. O Canouro amosando uns colmillos moi afilados, unha
Albatros incrédula ante a súa impotencia ó non poder alcanzados, e unha
tripulación da Desexada que entre as risas que se íban botando, e o forte
vento, chegarían con moita calma á meta na tercera posición.
Normalmente
o transcurso entre a primera manga e a segunda é o tempo de espera de
chegar a última embarcación. Pero como nos gusta innovar, O Canouro
desapareceu do horizonte e a Albatros entendeu que aquelo iria só a unha
manga e baixaba velas e poñia rumbo á rampa. Non sabemos si o que
querían realmente era tomar xa a cerveza e os ágapes de final de regata e
olvidar o pesadelo que estaban a vivir.
A confusión era plena.
Os tripulantes da Desexada falaban polo VHF co xuiz de regata. Éste
lles indicaba que en cinco minutos iniciaría o procedemento. E todos os
que escoitaron aquelo perderon a respiración… “Dixo o procedemento
administrativo?” . Se imaxinaron que os de Facenda podían aparecer en
calqueira momento. Todos temos moi presente o que lle fixeron a Ronaldo…
Dende eiquí todo o noso apoio a…...... Facenda… A por él “Que, Facenda somos
todos…!!!”, bueno, menos a Infanta…
Sigamos na regata. Antes escribíamos sete barcos, non foi un erro
porque entre mangas aparecéu “Halina a Meracha”, patroneada polo señor
Aguado. Levaban catro horas loitando ca fortísima surada. Chegaba a Sada
para reunirse por fin á flota patexeira tras casi ano e medio de
recuperación.
Dende eiquí felicitacións pola recuperación e pola mestría
demostrada na navegación. Así o entenderon a tripulación da Desexada
que foi a recibila como se merece. Cruzábanse ambas embarcacións a toda
velocidade e os “Desexados” amosaban as suas posadeiras ó natural…
Tempo
despóis, casi media hora despóis, o Canouro facía acto de presencia no
campo de regatas. Íbase a iniciar a segunda manga por fin. Pero a
Albatros permanecía fondeada en Sada. Avisóuse pola radio e entrou en
campo.
Algo debeu pasar neste tempo porque A Desexada saía en
segunda posición cara a primeira boia. Modificaron o montaxe do foque e
parecía que a regata íba a ser diferente. Conscentes das súas
dificultades ó tempo de virar e os seus continuos aproamentos, decidiron
facer algo diferente.
Mentres O Canouro avanzaba pegado Á costa de Sada, a Albatros íba rumbo a Gandarío, e polo medio como un polo sin cabeza,
a sorpresa da segunda manga. O patrón da Desexada ordeaba facer borda…
pero no lado contrario, pretendía orzar o barco ó máximo posible para
aprobeitar toda a superficie vélica e aumentar eses centímetros de
barco que crece en contacto ca auga cando vai orzado. Como nin unha
gaivota que ia de paseo pola borda lle facía caso él mesmo tomou a
decisión e tiróuse como un desesperado á borda contraria. Ó embarcar
auga en cantidades industriais, e sobre todo polos gritos que máis
recordaban ós últimos momentos do Titanic, que a mariños afeitos a estas
artimañas… recuperaba a horizontalidade para evitar motíns.
Chegaron á primera boia e a táctica da Albatros a puxo na primeira
posición ,seguida moi de cerca pola Desexada.
A Albatros descolgábase
lixeiramente da loita.
Na segunda boia era onde se producía a
trasluchada… e os desexados a agardaban con total seguridade (uns
rezaban, outros escribían notas para as súas familias, e o patrón
convencido do que facía tiraba da caña ás súas costas pechando os
ollos). O resultado foi unha trasluchada de manual. Vítores, abrazos e un:
“señores, seriedade, por favor, estamos nunha regata!!!!”
Albatros
distaba cen metros da proa e o Canouro outros cen pola popa.
Na baixada a meta, a Desexada comenzou a recuperar terreo moi rápido, tanto, que por un
momento, bueno no… non esaxeremos… lles recortaban a distancia moi
rapiudo pero non o suficiente.
O Canouro, que na primera manga fora
intratable, agora vía impotente as popas de dúas naves que non estaban a
tiro dos seus cañóns.
Foto finish, na entrada en meta. Pero fagamos moviola… a un minuto atrás… blinilinlinlin…
A
Desexada avanza máis rápido que a Albatros e acorta distancias. A meta
está á vista, e o proel da Albatros lanza unha pregunta ó aire. “É a
unha volta ou a dúas?”. Eiquí hai que darlle dous diplomas ó señor
Palmeirán que informou de que era a unha volta. Diploma de Cabaleiro. O
segundo diploma e de Gili… Ó enemigo… nin auga. A tripulación doaAlbatros comprendiu o erro cometido. Ó pensar que estaban na primeira
volta avanzaban de empopada total e A desexada o facia metendo pola amura
de popa, co que iba moito máis rápido.
Ó poder pechar o rumbo a Albatros meteu o vento pola amura e mantivo o posto grazas á xenerosidade de Palmeirán.. Dende eiquí… Grazas Palmeirán… Grazas…
(léase a ironía…)
Rematada a regata os barcos participantes foron ós seus fondeos. Como sempre nos reunimos arredor da cervexa, a
empanada aromatizada na sentina da Halina, patacas fritas e demáis
ágapes.
Pero sobre todo de boa xente, non só dos socios dos
patexeiros, si non da xente que é nosa, porque sempre nos acompaña en
todo o que facemos e sempre podemos contar ca súa axuda, Pepe e Brais, a
xente de Perbes, e outros moitos que se achegaron á regata. A todos
eles moitas grazas, e recordarlles que temos unha cita o próximo sábado
en Perbes.
A clasificación da regata.
Clasificación xeral despóis de disputadas dúas regatas e asistir ás Concentracións de Redes e á Xuntanza Patexeira.
CLASIFICACIÓN XERAL |
BARCO |
PUNTOS |
TRAS DESCARTES |
CANOURO |
51 |
|
A DESEXADA |
39 |
|
RABUDA |
30 |
|
ALBATROS |
28 |
|
BOAVENTURA |
27 |
|
ABUR |
26 |
|
A FEITUCA |
23 |
|
LELIADOURA |
22 |
|
O CAPRICHO |
20 |
|
ARXIL |
15 |
|
ARREDEMO |
9 |
|
HALINA A MERACHA |
5 |
|
TREBÓN |
5 |
|
ALIVANTA |
5 |
|
|
|
|
|