luns, 7 de agosto de 2017

3ª Proba da Copa Balbina - Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes

Outro ano máis, e xa van 4, os amigos  do Clube Marítimo de Perbes organizaron o seu Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes.

E coma sempre, alá nos fomos Os Patexeiros con 5 barcos.

Saímos de Sada sobre a 1 e media da tarde, o Canouro, a Leliadoura, a Rabuda e A Desexada con vento forte predominante do Nordés pero rolando constantemente, tanto, que en só 50 metros que nos separaban chegando ó primeiro polígono de bateas por Carnoedo, O Canouro e A Desexada levábamos rumbos totalmente distintos e os dous barcos en ceñida.

A Leliadoura, seguíanos como podía, con bastantes problemas, pero José Manuel e Dolores sempre controlando.

A Rabuda daba a impresión de que daba volta, pois non conseguía sair da bocana do porto de Sada.

Sobre as 3 e media da tarde empezábamos a arribar ó porto de Perbes.

Despóis de ser recibidos como se merece pola buguina de Dani fomos xantar todos xuntos. 

Halina A Meracha chegaría pola tarde xusto para a regata pero non sairía por viren demasiado cansos de pelear co vento.

O resumo da regata vola facemos da man dos amigos de Perbes que fixeron unha crónica estupenda. Ahí vai:

"Boa regata a vivida hoxe nas augas de Perbes. 

O día amenceu anubado e parecía que non quería sair o sol. ó final quedóuse unha tarde estupenda e un vento bastante cambiante que fixo que os navegantes estiveran moi atentos ós roles e cambios de intensidade.

Douse a primeira saída cun vendo duns 14 nós. 

Moi boa a saída do Canouro de Sada, seguido de Albatros de Perbes. A continuación saeu o Trebón de Redes e pouco despóis saeu a Rabuda e A Desexada de Sada. 

Á primeira boia chegou Albatros, seguido do Trebón e Rabuda.

Despóis de dúas voltas pasando polo triángulo formado por tres boias, a clasificación foi a seguinte:
A Albatros non perdería a posición e chegou primeir, seguida de cerca polo Trebón. 
A Desexada remontou ata chegar en terceira posición. En cuarta posición chegou o Canouro e quinta foi a Rabuda.

A Leliadoura, Halina a Meracha e Abur non chegaron a tomar a saída.

Á chegada de todos os navegantes, inicióuse o procedemento de saída da segunda manga, na que o Trebón saeu moi rápido seguido da Rabuda, Albatros, Canouro e Desexada.



Na primeira boia chegarían Albatros, Trebón, Rabuda, Canouro e Desexada.

Cambiarían un pouco as posicións despóis dunha dura loita contra o vento, que subiría ata uns 22 nós e poñía ós patróns en algún que outro problemiña.


A primeira posición foi de novo para a dorna local Albatros, seguida tamén polo Trebón en segunda, e esta vez o Canouro en terceira posición. Cuarta quedou a Rabuda e quinta A Desexada.


Despóis de sumar as dúas mangas, a clasificiación foi a seguinte:

1- Albatros con 16 puntos.

2- Trebón con 14 puntos.
3- Canouro con 11 puntos.
4- Desexada con 10 puntos.
5- Rabuda con 9 puntos.
Abur, Leiladoura e Halina a Meracha ; DNS.


Despóis da proba entregáronse os trofeos ós tres primeiros clasificados, agasaiáronse camisetas a todos os navegantes e fíxose un sorteo de roupa da marca SLAM.

Temos que dar as grazas a todos os navegantes por vir de diferentes portos e compartir unhas horas de navegación con nós.

Tamén queremos pedir disculpas á embarcación Abur que non pudo tomar a saída debido ó pouco calado na boia de Barlovento. Este ano, debido ó vento, decidimos achegar un pouco as boias a terra para evitar que o vento fora excesibo para as embarcacións máis pequenas.

Faltaron moitas embarcacións que tiñan previsto navegar en Perbes, pero bueno, tomamos nota e esperamos velos o ano que vén. Moitas grazas a todos"




Despóis de tomar os pinchos, fabulosos que nos poñen sempre, e tomar unhas cantas cervexiñas, voltamos co solpor poñendo proa a Sada.


Agora o vento daríanos por popa e chegaríamos en media hora, entrando no porto de Sada xa de noite.


A clasificación xeral da Copa Balbina, despóis desta regata queda como sigue:




CLASIFICACIÓN XERAL
BARCO PUNTOS TRAS DESCARTES
CANOURO 67
A DESEXADA 54
ALBATROS 49
RABUDA 44
ABUR 31
BOAVENTURA 27
LELIADOURA 27
TREBÓN 24
A FEITUCA 23
O CAPRICHO 20
ARXIL 15
HALINA A MERACHA 10
ARREDEMO 9
ALIVANTA 5



Para a semán, o día 12 iremos a Ares.

Por "O Palmeirán" e Clube Marítimo de Perbes

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com