Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Rematou a VI Edición da Copa Balbina

Imaxe
Rematou. Acabóuse o verán, e con él tamén rematan as actividades no mar dos Patexeiros. Outros anos, desafiar ó mar no inverno custóunos moitos disgustos: barcos contra as pedras, palas de temón perdidas, panas, chalecos, etc... Este ano imos a ser algo máis prudentes e procuraremos sacar os barcos do mar en poucos días. A previa Para rematar esta tempada, onte sábado, 27 de setembro, organizamos a 4ª e última regata en Sada da VI Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela. Para a ocasión aparellamos provisionalmente a buceta Leliadoura coa vela mística do Arredemo. Non estaba feita para ela, pero non queríamos pechar esta tempada sen vela navegar cun aparello semellante ó que levará o vindeiro ano. A estampa prometía, as sensacións e resultados volos contaremos máis adiante deste artigo.   Mentras estábamos aparellando a buceta, e limpábamos a obra viva da Boaventura e da Desexada, que tiñan unhas barbas como as de Valle Inclán, chegou a dorna Lala, bar

Os Patexeiros na Parrocheira 2014

Imaxe
A embarcación, A Desexada, dos Patexeiros, tripulada por Javier, Pablo, Dolores e Jaime asisteu o pasado sábado, día 13 de setembro á XXII Concentración de Embarcacións Tradicionais Parrocheira 2014 en Ferrol. Foto de Arturo Montero Como xa ven sendo habitual dende o noso nacemento aló polo ano 2009, Os Patexeiros somos fieis a esta cita, que todos os anos cubrimos, ven cos nosos barcos, ou como tripulantes no Punta Pragueira dos compañeiros da AAETG da Coruña. Ó longo destes anos, o Arredemo, a dorna Boaventura, e A Desexada, foron tendo presenza no Muelle de Curuxeiras para participar na festa dos nosos amigos de Ferrol. Este ano, tiñamos previsto asistir con dúas embarcacións, pero finalmente por falta de patróns, tivo que quedarse A Feituca en Sada.  A Desexada, que saeu o sábado sobre as 11 da mañán de Sada, sen vento ningún, tivo que recurrir nesta ocasión ó motor para chegar ata Ferrol. Á altura de Ares quedaron con Pepe do Osorio para facer esa parte da tr