Rematou a VI Edición da Copa Balbina

Rematou. Acabóuse o verán, e con él tamén rematan as actividades no mar dos Patexeiros.

Outros anos, desafiar ó mar no inverno custóunos moitos disgustos: barcos contra as pedras, palas de temón perdidas, panas, chalecos, etc... Este ano imos a ser algo máis prudentes e procuraremos sacar os barcos do mar en poucos días.

A previa


Para rematar esta tempada, onte sábado, 27 de setembro, organizamos a 4ª e última regata en Sada da VI Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela.

Para a ocasión aparellamos provisionalmente a buceta Leliadoura coa vela mística do Arredemo. Non estaba feita para ela, pero non queríamos pechar esta tempada sen vela navegar cun aparello semellante ó que levará o vindeiro ano. A estampa prometía, as sensacións e resultados volos contaremos máis adiante deste artigo.

 
Mentras estábamos aparellando a buceta, e limpábamos a obra viva da Boaventura e da Desexada, que tiñan unhas barbas como as de Valle Inclán, chegou a dorna Lala, barco tamén patexeiro e que saíra da Ría do Burgo ás 8 da mañán para participar nesta última proba da Copa Balbina, e despóis de 6 horas de longa e dura travesía na que tiveron que botar mán dos remos en varias ocasións pola falta de vento, arrivaban algo cansados á rampa de Sada. Non era sen motivo. Eles sí que se gañaron ben as cervexas.



E por suposto a súa tripulación tamén se gañou o título de mariñeiro, pois ben é sabido que .....

"Quen pasou a Marola
pasou a mar toda"

A regata. 
9 Barcos 9 , como tería que poñer o cartaz desta regata, presentáronse para participar nesta última proba da Copa.

Pouco vento e un sol radiante nos agardaban.

O campo de regatas para esta ocasión consistía nun triángulo ó que había que dar dúas mangas de dúas voltas cada unha.

Nesta regata contábamos con xuices da Escola de Vela do CNRS, polo que non podíamos demorar a saída á espera dos dous barcos que amosaban as súas velas por fora do espigon do Porto de Sada, máxime cando tiñamos previsto a celebración de dúas mangas, así que con puntualidade británica, ás 17:00 douse a saída.

Como nas últimas probas, Albatros e Boaventura sairon nas primeiras posicións, Lala, Desexada e Feituca seguiannos, e os novatos da Leliadoura e o María Xesús, de Ares, de últimos.

Ainda non viraran os primeiros barcos a segunda boia, cando tomaban a saída os dous barcos que chegaban rezagados á proba, o impresionante Sauntress de Redes, e o "semper fidelis" Osorio de Ares.

Unha lixeira brisa do Norte pero con moitos pozos sen vento que atraparon a varios barcos como nunha trampa era o que predominaba. Outros souperon ler mellor o mar e foron buscando o ventiño.

Na primeira volta, a Albatros, como sempre, entrou de primeira.

O Sauntress, tripulado por  Martin e Luis, e que tomara a saída con bastante retraso, remontaba posicións rápidamente. 

Osorio, que tamén saíra tarde, aproveitando o seu amplo coñecemento dos ventos, tamén remontaba

E o María Xesús dábanos caza ós novatos da Leliadoura, que éramos incapaces de facela virar nas boias, facéndonos ocupar a última praza.

A Leliadoura

Con respecto á Leliadoura, decirvos que tras unha semán traballando nela coa ilusión de que poidera navegar na última proba da Copa, aparellada coa vela latina de martelo do Arredemo, o resultado non nos convenceu moito.

Nada máis botala ó mar observamos que a estabilidade, despóis de lastrala con 55 Kgs e suplementarlle a quilla uns 6 cms non mellorara demasiado. Debido ó seu deseño, con dúas persoas sentadas na banda escora excesivamente, polo que teremos que traballar este inverno para mellorala.


Unha vez arbolada coa vela, que por suposto non está feita para ela, saímos a navegar na regata sen facer probas previas, e observamos que ademáis do problema de estabilidade, que fomos controlando os tres tripulantes ó longo de toda a regata, o barco deriva demasiado. Navegando á mala anda moi pouco e só na empopada vimos que daba un bo rendemento.

Pero o que máis nos sorprendeu foi que nas viradas, ainda que levábamos arrancada, empezaba ben a virada pero, en canto aproaba, quedábase parada e non conseguíamos rematar a virada. Pouca pala? Mal deseño desta vela? Necesidade dun foque? Estamos dispostos a escoitar suxerencias dos expertos.

O resultado

Así que mentras os demáis barcos iban rematando a primeira manga, os da Leliadoura estábamos dándolle voltas ó barco para intentar virar a penúltima boia, e dábanos a impresión de que o barco iba para atrás.

Por encima quedamos atrapados nun pozo sen vento cerca do espigón do porto. E xa remataran os demáis barcos, co que a zodiac veu presionarnos para ver se nos retirábamos, cousa que por suposto nos negamos e seguimos avante.

Chegamos á meta con 20 minutos por detras do último clasificado.

O resultado da primeira manga foi: Primeiro posto para a dorna nai Albatros, seguida da dorna Boaventura, en terceira posicición rematou o Sauntress que partira en seria desventaxa. A cuarta praza foi para o mestre Pepe ca súa buceta Osorio, que tamén partira en desventaxa na saída. En quinto lugar entrou a sempre regular A Desexada. Sexta foi a dorna A Feituca, séptimo o bote María Xesús, e octava foi a Leliadoura.

Os xuices decretaron un DNF á dorna Lala por pelexarse cunha boia, co que non puntuou pese a facer unha estupenda regata e rematar nos primeiros postos, pero xa tiñan ven gañado o churrasco coa tremenda singladura que fixeran dende a Ría do Burgo.

O comité de regata decidiu suspender a segunda manga por falta de vento, así que puxemos proa a terra para a festa de peche de tempada, por suposto algúns a vela, outros a motor e nós a remo.


 Clasificación final da Copa Balbina
CLASIFICACIÓN XERAL FINAL
BARCO PUNTOS CUN DESCARTE
ALBATROS 51 44
A DESEXADA 37 32
BOAVENTURA 30 30
OSORIO 27 25
A FEITUCA 14 14
ALIVANTA 9 9
TERESA 7 7
SAUNTRESS 7 7
CALAGRAÑA 6 6
ARXIL 3 3
MARÍA XESÚS 3 3
LELIADOURA 2 2
PUNTA PRAGUEIRA 2 2
LALA 0 0
PUNTA COITELADA 0 0
TRASNO 0 0


Os trofeos

Rematada a proba, e con ela a Copa Balbina deste ano, en terra esperábanos a entrega de trofeos e a churrascada.

Todos os participantes na Copa levaron como agasallo un colgante conmemorativo feito en barro pola artista local Maca Herce.

Unha das socias máis pequenas dos Patexeiros fixo entrega do trofeo ó terceiro clasificado, a dorna Boaventura, que recolleron os seus dous patróns, o de regatas, Jaime Paz, e o de travesía Pepe Paz (non, non son irmáns)

O trofeo ó segundo clasificado, A Desexada, recolléuno o seu patrón Moncho Cerviño.


E o trofeo ó primeiro clasificado recolléuno a armadora e patrona da Albatros, Marta Sántos.


Finalmente, a Copa Balbina entregóuna o gañador da edición anterior, Xose Carballeira, que aproveitou para levantar a Copa, cousa que non fixera o ano anterior por non a termos presente o día da regata.


Recolleron a Copa Balbina, a armadora da dorna Albatros, Marta Sántos e a tripulante Anuska Freire.


Aquí vemos á tripulación, casí ó completo, da embarcación gañadora desta VI edición. Falta na foto, outro dos patróns, Roberto, que nesta proba non pudo estar presente, pero que tamén é parte deste logro.


Agora tócalles custodiar a Copa polo menos ó longo deste ano, porque pola mirada que lles bota o patrón da Desexada, estamos seguros que para o ano non o terán tan fácil.


Esperamos que a coiden ben, lles luzca moito no seu local social,  e que non lle entre a polilla, jajajaja.


A festa.

E como non, como en todo evento organizado polos Patexeiros, non podía faltar a festa.

Bebida a esgalla, tanto isotónica como da outra, empanadas, patatas bravas, churrasco, criollos e postres variados para celebrar o peche da tempada xunto cos compañeiros da Escola de Vela do CNRS.


Entre os pais dos alumnos da escola, familias dos Patexeiros, algúns participantes que tamén aportaron e a propia Asociación, montamos un tremendo desplegue de viandas para agasallar os paladares máis selectos. E a xente non quedou defraudada.


Por suposto, como en calqueira evento Patexeiro desplegamos a nosa Tenda Patexeira móbil, que como dixo unha vez o anterior presidente, "ainda que somos unha Asociación sen ánimo de lucro, a maioría da sociedade, non, e temos que pagar as facturas".



Grazas a todos pola vosa colaboración. Outro ano máis en conxunto fixemos unha boa festa.

A volta.

Sobre as nove e media da noite, saían para os seus portos de orixe tres das embarcacións que se quedaron a toda a festa, a Albatros, que como manda a tradición, levaba a Copa a bordo para Perbes, o María Xesús e o Osorio que tomaban rumbo a Ares.

Parece que a levan con nocturnidade e alevosía.

Unha noite estupenda, de verán, moi agradable e co mar como un plato, que ós quince minutos de que saíran os barcos, sorprendéunos cunha tormenta de verán, que pouco durou pero moito mollou.


Esperemos que non usaran a Copa Balbina para achicar a Albatros.

Agradecementos.

E para rematar esta tempada de actividades no mar, queremos aproveitar para darlles as gracias a toda a xente que fixo posible que levásemos adiante outra edición, e xa van 6, desta Copa Balbina.

A todos os participantes nalgunha das probas, a aqueles incondicionais que sempre, faga o tempo que faga, ahí están sempre.

Grazas o Club Náutico Recreativo de Sada polo seu apoio incondicional coorganizando con nós as regatas, dándonos apoio loxístico coa furgoneta, zodiacs, instalacións, etc...

Grazas ó persoal da Escola de Vela do CNRS por facernos de xuices, estar toda a tarde na zodiac controlándonos e axudando ós traslados dos participantes ós barcos.


Grazas ós pais dos alumnos da Escola de Vela por colaborar traendo empanadas, patatas, postres, etc... para a festa.


Grazas ós participantes que foron a por máis cervexas..... Xa sabían que nos quedábamos cortos.... É que no mar pásase moita sede!!!!!

Grazas a todos os amigos que nos visitaron nas distintas regatas da Copa e que ás veces puderon navegar con nós, e nós con eles.

Grazas tamén a tripulación da Lala, que se pegou un tute de 6 horas dende a Ría do Burgo para asistir á última proba da Copa.

Grazas a Pepe, o noso carpinteiro de Lorbé, por facernos desinteresádamente o mastro e o temón da Leliadoura, e deixarnos material sempre que nos fai falla.

E por suposto grazas ás nosas familias, que sendo tamén patexeir@s, comprenden a nosa afición e nos apoian, e por encima fannos empanada e biscoitos para as festas. Ás veces pasamos moito tempo fora, navegando ou restaurando os barcos, tempo que lle restamos de estar con eles, e por iso lles pedimos que veñan navegar máis con nós para compartir esta bonita afección polos barcos de madeira e así tamén pasaremos máis tempo xuntos.

Seguro que deixamos ainda a xente pendente de darlle as grazas, disculpádenos, pero hai tanta xente que nos axuda, colabora con nós, que ás veces é moi difícil nomealos a todos.

Vémonos a vindeira tempada nas distintas Concentracións, Xuntanzas, Encontros, e por suposto..... na VII Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela.


As fotos ca data son orixinais da Tripulación da Albatros
As demáis son feitas polos Patexeiros
Palmeirán

Comentarios