Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

Traballando no Galeón, un bote polbeiro.

Imaxe
En Betanzos, un dos nosos socios, Javier Naveira, está traballando duramente na restauración do bote polbeiro Galeón, un dos barcos da flota patexeira. Este bote xa o levamos á feira de Sada en novembro, onde lle estivemos desmontando a cuberta, que estaba complétamente podre, e se lle fixeron os baos novos. Levámolo para Betanzos, onde se fixo un saneado integral, que empezou por un rascado completo da pintura para ver se había máis danos. Aplicóuselle unha imprimación de minio a todo o interior do barco e se fixeron novas as cadernas que estaban danadas. Agora se lle aplicou no interior unha capa de pintura sintética naval antes de proceder a montar a cuberta. Tamén se lle fixeron as pezas para a regala. Agora toca botar a cuberta.

Novas incorporacións á flota Patexeira

Imaxe
Dúas dornas chegaron estes días a reforzar a flota Patexeira, e xa van cinco. A este paso, imos ter máis dornas nas Rías Altas que nas Baixas. O noso socio Javier A., fíxose fai unhas semáns ca dorna "Catro irmáns" , que posíblemente cambie de nome en breve. Poñerálle "Anduriña" , "Meracha", "Maríadelaencarnasión", "Sete noivas para sete irmáns"???? Non o sabemos !!! É unha dorna de 9 cuartas e está empezando cos traballos de restauración, a ver se a chega a ter lista para esta tempada. E esta semán, Ramóm e eu fomos a Castiñeiras a por unha dorna de 7 cuartas, a Lagarta, un nome precioso que de seguro navegará moito polas Rías Altas patroneada por Ramóm. Agora está tapadiña para empezar en breve ca súa restauración. Benvidas ós Patexeiros.

POSPOÑEMOS A 6ª EDICIÓN DO CURSO DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA ATA TEMPOS MELLORES

Imaxe
  Comunicámosvos que moito ó noso pesar, ó do mestre carpinteiro e ó dos alumnos inscritos, temos que pospoñer esta 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira ata tempos mellores. O motivo é a falta de inscritos para esta edición. Así como as 5 primeiras foron un éxito, desta fíxose imposible xuntar un grupo mínimo de alumnos para poder levar adiante o curso. A nosa idea é volver a intentalo de novo no mes de setembro, a ver se a xente está máis receptiva. Grazas a todos os que nos axudáchedes a difundir esta convocatoria a traveso das redes sociais e do boca a boca. Sentimos as molestias.