Traballando no Galeón, un bote polbeiro.

En Betanzos, un dos nosos socios, Javier Naveira, está traballando duramente na restauración do bote polbeiro Galeón, un dos barcos da flota patexeira.


Este bote xa o levamos á feira de Sada en novembro, onde lle estivemos desmontando a cuberta, que estaba complétamente podre, e se lle fixeron os baos novos.

Levámolo para Betanzos, onde se fixo un saneado integral, que empezou por un rascado completo da pintura para ver se había máis danos.


Aplicóuselle unha imprimación de minio a todo o interior do barco e se fixeron novas as cadernas que estaban danadas.


Agora se lle aplicou no interior unha capa de pintura sintética naval antes de proceder a montar a cuberta.




Tamén se lle fixeron as pezas para a regala.







Agora toca botar a cuberta.

Comentarios