xoves, 23 de febreiro de 2017

Traballos na Talita

O pasado domingo, dia 19 de febreiro, os nosos compañeiros Moncho, alias "Chimpo", e Pablo "O feituko", achegáronse a traballar na Talita.

 (foto do antigo propietario)

A Talita é un barco de 5 metros de eslora, de construcción por afeccionado, que foi rescatado de augas de Cee, onde o seu antigo dono a iba a utilizar como combustible, xa que se fixera con outra embarcación, ainda que prefería que alguén se fixera con éla, e esa vontade súa,  foi a que consigueu que se salvara.


É unha pena que ísto suceda a diario, e dende eiquí vos recordamos que a un dos nosos fins como Asociación é o de  manter estas belezas, propias da nosa cultura, millor no mar , que nunha leira ou no lume.

Neste caso, grazas ó noso socio Chimpo, que se decideu a traela e restaurala, incorporarase dentro de pouco a extensa flota patexeira.


A "Talita" atópase nun estado bastante bo ainda que fai falla traballar arreo nela.

Según nos contou o seu antigo propietario, adicabase á pesca recreativa,  principalmente ás luras.

Tiña un motor intraborda, do que descoñecemos a marca,  que se quedou por Cee, e agora comenzamos os traballos para  reconvertila a vela.
 

O primeiro dos traballos que se acometeu foi retirarlle a sua cabina, xa que para vela íba a molestar.

Xa se fixera unha inspección previa do seu casco, e descubrimos con grande alegría, que éste apenas necesitaba de reparación.

O domingo comenzamos a descubrir a madeira. Así que coa axuda da rasqueta e dunha pequena radial, eliminamos a pintura da obra morta, e parte do patente para ver se agachaba algunha sorpresa.


Rematada a xornada chegamos á conclusión de que só precisa uns traballos de mantemento,  tratar un pouco a madeira e voltala a pintar.


Chimpo anda con dúbidas nas cores, pero  o arco iris, polo de agora, queda descartado.

Os traballos que nos quedan por diante son, lixar toda a cuberta e parte do casco, tratar e pintar, fabricar un novo temón e caña, así coma a arboladoura. Aparellará unha vela ó tercio e foque de construcción artesanal.

Moito traballo por diante, ísto só acaba de comezar.

Xa vos iremos contando como evoluciona, e por suposto, faremos unha gran reportaxe na súa botadura.

Pablo Morán

luns, 20 de febreiro de 2017

Empeza a movida!!!!

Pois outra fin de semán productiva nas filas patexeiras.


O venres sacamos a Betty do local patexeiro para movela a outro local que xentilmente nos ceden e continuar a súa restauración.

Desta maneira libramos o local de Lorbé para traballar máis cómodos, así que tamén aproveitamos ese venres para limpalo un pouquiño e colocar algunhas cousas.

Ese mesmo día, desmontamos o Larrán da Balbina, a ver se somos quen de volverlle a dar o seu aspecto que conseguimos recuperar fai uns anos pero que nos volveu a caer no olvido por non moverse.

Agora xa está no local de Lorbé onde imos a restauralo en mellores condicións.


Desta manobra teredes cumprida información na web da Balbina

E seguimos salvando barcos. Qué queredes ??????, Temos ese maldito vicio !!!!!!

Desta, dous máis, e ademáis barcos grandes.


Por unha banda, O Patexo, de Javi. Un barco que levaba anos olvidado na Ría de Arousa e que o pasado decembro, se cargou nun trailer e veu para a Ría de Betanzos-Ares-Sada, onde o noso compañeiro xa empezou cos traballos de limpeza e saneado.


Fermoso barcarrón, sen dúbida.


Aquí está, o sábado pola mañán, caendo un diluvio, e él, mollado coma un pito, limpando o barco.

 Pola outra banda, dende Cee, o noso socio Chimpo, trouxo este barcazo de algo máis de 5 metros de eslora que tamén acabaría desfeito se non é por él. Chamarase "Talita", ainda que de momento, todos os socios lle chaman o Chimpobarco.


O barco tróuxose en novembro e pódese ver a expresión de felicidade do seu novo propietario. Tanto que nin deixaba que ninguén se achegase ó barco baixo ameaza de zoscarlle ca chave de tubos.

Máis que emocionado estaba cando o barco chegou ó porto de Lorbé.


Nunha entrada seguinte vos contaremos un pouquiño máis sobre este novo barco da flota Patexeira.

 E ainda non se acabou esta fin de semán xa que no estaleiro de Lorbé, Jose, o fillo do mestre, o heredeiro, empezou a recuperar un fermoso bote que pertencía a seu avó.


Podedes ver máis imaxes desta restauración na web da Carpintaría Lorbé.

O vindeiro fin de semán, máis!!!!

Palmeirán





luns, 13 de febreiro de 2017

Os Patexeiros en Ribeiras de Salitre

Este domingo día 12 Os Patexeiros tivemos unha nova aparición no estupendo programa da TVG, Ribeiras de Salitre, que percorre os portos da nosa Galiza.


Podédelo ver tamén xa na TVG á carta.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/lorbe-oleiros

Ahí nos tedes de novo. Montrando un pouquiño do que facemos.

Palmeirán

venres, 10 de febreiro de 2017

Nova directiva

O pasado domingo 5 de febreiro celebróuse, na Casa da Cultura de Sada,  a asemblea onde se elexiría unha nova xunta directiva para Os Patexeiros. Elexíndose, novo presidente , vicepresidente, secretario e vogais. O tesoureiro sigue na brecha e tódolos socios encantados de que así sexa.


Como parte da nova directiva dar un agarimo especial ó antigo presi, José Antonio, alias "o Palmeiran", que durante moitos anos estivo ó temón da asociación, e en non poucas ocasións só ante a marexada,  imprimindo ese carácter de superación que nos caracteriza ós Patexeiros.

Queremos rendir dende eiquí unha pequena homenaxe ó seu traballo e a todo o bon que fixo pola cultura do mar, moitas veces olvidada por moitos, moitas veces axudada por tan gran persoeiro.

Pero non pensedes que parteu a novo porto, non!!! . Agora será o noso secretario, e de seguro que aprenderemos moito da súa experiencia e o seu bon facer.

Tras varias reunións da directiva, comenzamos a tratar os propósitos de este ano, que son moitos e de gran magnitude.

Dividimos a tempada en dúas etapas ben definidas; a preparación dos barcos e invernada, e como non, o verán que ven cargadiño de singladuras e de seguro que moitos momentos emocionantes.


Na primeira etapa, retomamos dous dos obxetivos que levamos perseguindo durante moitos anos. O primeiro é conseguir un local onde os nosos barcos poidan pasar o inverno. Actualmente os socios invernan case, na maioría, os barcos nas súas casas, e o resto no porto de Lorbé.

É unha necesidade imperiosa a de ter un local onde podan pasar o resto de inverno e os vindeiros baixo teito, nun  lugar onde poidamos telos e invitarvos a todos a vir a velos, e coñecer de primeira man o gran traballo que se fai nesta asociación.


O segundo punto é o mantemento destes barcos.



Quedan poucos meses antes da botadura e temos moito traballo que facer.

En condicións precarias, traballando no porto á intemperie conseguiremos o noso obxetivo, seguro.

Neste senso reinstauramos algo que se perdeu polo camiño. Os sábados pola mañá será o día "Oficial" de traballo, de recuperacion e mantemento. Vos convidamos a partires de agora a vir por Lorbé a visitarnos e coñecernos, e os socios que queiran participar, só teñen que pasar por alí a axudar.


Na segunda etapa, no verán,  propuxémonos aumentar o número de barcos navegando no mar  e tamén os propios navegantes.

Estamos a traballar para que calqueira, que queira probar as maravillosas sensacions que produce unha travesía nun barco tradicional, poida facelo. Estade atentos porque imos a informar.


Incrementaremos as nosas campañas publicitarias para maximizar a difusión das nosas actividades

É un luxo poder contar con diferentes embarcacións de moi distinta tipoloxía (dornas, botes das Rías Altas,  botes de media construcción, bucetas, lancha patexeira), e diferentes tipos de vela (cangrexa, latina, ó tercio, relinga), e queremos que poidades disfrutar delas e aprender con nós o que se sinte.

Como decía un sabio "Ninguen defenderá o que non coñece".

Nun senso xeral, a nosa función principal é recuperar o patrimonio maritimo, e iso engloba tamén ás persoas que viviron e traballaron nas embarcacións tradicionais. Por este motivo, retomamos a intención de realizar unha documental onde os protagonistas falen das súas experiencias a bordo destas naves, como se vivia e traballaba nelas, etc....

Non podemos permitir que esa memoria se perda, e como parte da nosa actividade retomaremos este proxecto co máximo agarimo e respecto.

Como apunte final, sexas particular, profesional ou empresa vos convidamos a que nos coñezades.

Precisamos de moitas mans, cartos, e axuda de todo tipo para conseguir os nosos obxectivos.

Recordade algo: Isto o facemos porque alguén o ten que facer. Non podemos permitir que o noso se perda, e é unha loita constante que estamos a librar.

Sen máis, despedímonos e desexámosvos unha  boa singladura.

Esperamos vervos dentro de pouco!

Pablo Morán (Vicepresidente da A.C.M. Os Patexeiros)

martes, 7 de febreiro de 2017

Sábado de movida

Sábado de movida. Das nosas movidas, desas que moitos socios escapan.

Tocou mover de novo os barcos para as súas prazas. E ademáis chovendo....... chovendo ..... chovendo.

E aparecemos catro en Lorbé. Debe ser que estamos fortes e podemos con todo.

Despóis de pensalo, e pensar tamén nas hernias, decidimos acudir ó noso amigo e mestre Pepe.

- Pepe, déixasnos a carretilla ????
- Collédea.
- Non, esa non, a que tén motor.
- E sabedes usala?
- Bueno carallo, será por títulos!!!! E ata temos o Curso de prevención de riscos !!!! Non vés que Os Patexeiros sómosche xente moi preparada!!!!

E alá nos fomos e empezamos a manobra.

Nada máis e nada menos que seis barcos movemos e ademáis tivemos que demostrar o noso dominio do Tetris, para que nos entraran todos nas nosas prazas do porto.

Chover, chovía, e se vos digo a verdade, dentro da carretilla tamén. Tiña goteiras que che daban en plena coronilla, e agora mesmo xa pouco pelo temos.

Cando xa estábamos rematando a manobra, chegou un quinto patexeiro. Sempre ven ben alguén que che dé ánimos!!!!

Outro día máis!!!!



A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org