Rumbo á Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes - Viaxe a ningures
O sábado da xuntanza de Redes, sobre as once da mañá reunímonos no embarcadoiro os Monchos (Cerviño e Chimpo), Miguel Marta, un amigo que de vez en cando navega na Feituca (Jose Luis "o do Emporio") mais eu, Pablo. A nosa intención inicial era chegar a Redes para participar no encontro que ia celebrarse. Para iso agardaban A Desexada e A Feituca con impacienza. Despóis de aparellar ambas embarcacións, saímos. O patrón da feituca decidiu pasar por enriba dun fondeo, non sabemos si con intención de levalo pa Redes ou ben por aquelo de darlle algo de ventaxa a Desexada. O resultado foi que tivo que desmontar o temón, e dada a sua capacidade, e a sua longa experiencia que vai collendo tras duas semanas de duro entrenamento... rematou no mar, buceando e colocando no seu sitio dita peza indispensable para a navegación. Para escándalo de algunha vella que paseaba nese momento polo paseo de Sada... fíxoo totalmente espido. A navegación comenzou cun forte...