O Blog da Balbina

O Blog da Balbina
Toda a información sobre a restauración do noso barco

viernes, 10 de mayo de 2013

Empezando coa reparación da Desexada

Pois nos Patexeiros, sempre a traballar. Fai tres días que botamos a Balbina ó mar e xa empezamos a reparar a Desexada e preparándoa para navegar a primeiros de xuño.




Hoxe acheguéime un par de horiñas a Lorbé e me puxen a quitarlle a tapa da regala á Desexada. Ésta foi unha das pezas que se danou no último incidente que tivo o barco por mor do temporal.




















Unha vez retirada tamén observei que o durminte que hai xusto debaixo está un pouco tocado polo podrén, sobre todo arredor do furado onde vai o tolete, así que vou a sustituílo en parte.













 Xa coloquei a regala sobre a táboa da que vou a facer a nova peza. Non me dá para facela toda dunha peza así que terei que facela en dúas.


Por esta semán remato aquí o traballo e a ver a dónde chego a vindeira semán.

Iréivos informando.

Palmeirán.

miércoles, 8 de mayo de 2013

A Balbina deixou o estaleiro e volve ó seu fondeo

Despois de 6 meses varada e casi sen poder traballar nela, a Balbina volveu ó seu fondeo.

Algo fixemos pero ainda queda moito por facer.

Máis información na páxina da Balbina.

miércoles, 17 de abril de 2013

Un pouquiño de humor




Do fenomenal Davila.

viernes, 5 de abril de 2013

Os alumnos do curso saen preparados.

Efectivamente, os alumnos do anterior curso de carpintaría dos Patexeiros saen preparados.

Un dos alumnos xa empezou fai uns meses a facer o seu propio bote, xa publicaremos unhas fotos en canto dispoñamos delas.

Outro dos Alumnos, mercou un bote de media construcción e él mesmo está facendo as operacións de reparación.

Ahí vedes unhas fotos do seu estupendo traballo.


Da gusto ver que os cursos ademáis do éxito de convocatoria que tiveron nas súas tres edicións pasadas, tamén deron os seus frutos ó final.

Palmeirán.

sábado, 9 de marzo de 2013

Xa celebramos a Asamblea e as eleccións

Este xoves, tal e como anunciáramos, tiveron lugar no noso local de Lorbé as Asambleas Extraordinaria e Ordinaria Anual.


Un grupo de socios asistentes posan diante do local social

A asistencia dos socios foi masiva, habendo moi poucas baixas, e todas elas xustificadas (traballo, enfermidade ou situación xeográfica).

Empezamos con puntualidade inglesa e fíxose a elección da nova Xunta Directiva para os vindeiros 2 anos.

Na Asamblea Ordinaria aprobáronse as contas do exercicio pasado e o presuposto e o calendario de actividades para este ano 2013.

Tamén se aprobaron a maioría das propostas adicionais que se fixeron, todas elas con grandes ventaxas para os socios.

Rematamos a Asamblea preto das 12 da noite..

Nuns días enviaremos os resultados da Asamblea a todos os socios.

Palmeirán

martes, 5 de marzo de 2013

ASAMBLEA ANUAL



Este venres día 8, a partires das 20:00 terá lugar no noso local social de Lorbé a Asamblea Anual de Socios.

Ademáis este ano toca renovar a Xunta Directiva polo que xa pedimos ós nosos socios que presentasen as súas candidaturas.

Na Asamblea trataremos moitos puntos interesantes para o funcionamento da nosa Asociación, así como informaremos das contas os socios, presentaremos os presupostos para o 2013 e trataremos de aprobar as actividades previstas para este ano.

Moitas novidades e ventaxas nos esperan ós socios se se dan aprobado as propostas que temos para presentar.

Os socios xa foron convocados no seu momento, atendendo ós prazos que marcan os nosos Estatutos.

Esperamos contar coa presencia da maioría dos socios. E para que non se faga moi longa teremos dispoñible un pequeno refrixerio.


lunes, 4 de marzo de 2013

Sobre fasquías non hai nada escrito

Cando vemos un barco ben bonito no mar, no estaleiro ou varado nunha praia ou nun porto, enseguida sacamos de cámara, de teléfono, ou do trebello que teñamos á mán (porque hai quen saca fotos con tablets de 15", debe ser pola comodidade de transportalas) para deixar inmortalizada esa  fermosura e ensinarllo logo ós amigos ou compañeiros de afección.

Pero ás veces, tamén sacamos a cámara para inmortalizar "cousas raras" que moitas veces comparten habitat coas fermosuras das que falábamos no párrafo anterior.

Porque parece ser que no noso país, sobre fasquías non hai nada escrito, e así como vemos casas metade de ladríllo, metade de bloque, cun cacho do tellado de uralita e o outro de tella inglesa cun remendo de tella do país, todo elo sen pintar a fachada, pois tamén ás veces atopamos embarcacións que, desempeñando ben o traballo para o que foron feitas, darían lugar a moitas discusións sobre o acertado do seu deseño.


Nas últimas visitas que fixen a Ribeira, atopéime con estas dúas "belezas picassianas" (iso decían de Rosi de Palma).




Os nomes, tamén moi acertados, un chámase Tormenta e o outro Pistracas.


sábado, 23 de febrero de 2013

Calagraña: Unha maravilla de traballo no estaleiro de Lorbé

No estaleiro de Pepe en Lorbé, levan uns meses traballando no veleiro Calagraña.

 Desmontaron e botaron nova toda a cuberta, en madeira de iroko sobre contrachapado marino. A caseta da ponte está feita en iroko e samanguila.


Nestes momentos xa están moi avanzados os traballos e xa lle deron varias máns de aceite de teka á cuberta.

Como podedes ver nestas fotos está quedando moi pero que moi ben.

E ainda lle falta por colocar os portillos, e traballar no interior.

Fixádevos que detalles tan bonitos dos soportes para os winchs, as portas de peche da caseta, os cuarteis, a caña do temón, etc..

Podedes ver máis información sobre este traballo na páxina web do Estaleiro de Lorbé.


Palmeirán
Mi foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com