Comenza a restauración do "Cóndor"

 O Cóndor e unha fermosísima embarcación tradicional que foi donada á asociación, e que vai ser reparada cun proxecto de Aprendizaxe - Servizo, onde un grupo de reapaces de FP  Básica do CIFP universidade Laboral do ciclo de mantemento de embarcacións recreativas van estar todo este ano aprendendo o oficio e axudando ao mesmo tempo a conservar este patrimonio. 


A embarcación foi subida o pasado día 29, aproveitando a visita a Sada


E o día 5 por fin se puido levar as instalacións do CIFP Universidade Laboral, onde os rapaces xa limparon todo o mexilón, que foi parar á composteira do horto do centro. Así facían os patexeiros, coller do mar para facer abono.



Así que agora xa está limpo e achicado, preparado para quitar o motor e intentar reparalo 


Comentarios