Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2010

CURSIÑO DE CARPINTERIA E MANTEMENTO DE EMBARCACIONS DE MADEIRA

Imaxe
Próximamnete, a nosa asociación en colabouración co carpinteiro de Lorbé (onde se está a reparar a Balbina), organizaremos un cursiño de iniciación á carpintería de Ribeira. A filosofía deste cursiño e compartir unhas xornadas de traballo co carpinteiro, de xeito escalonado e ordenado, para que o afeccionado ou futuro afeccionado poda coñecer os rudimentos da carpintería tradicional, da construcion de pequenas embarcacions e do seu mantemento. Queremos que a xente lle perda o medo ao que significa ter unha embarcación de madeira, poruqe cando se menciona, as veces xurden eses comentarios tan típicos de que "son moi bonitas pero a ver que pode manter unha, que dan moito traballo e moi caro" Queremos que vexades que non e certo, e queremos que aprendades o por qué. O curso, está dividido en catro sesions de traballo con grupos reducidos, de 8 persoas, e e totalmente práctico. Sería imposible facer este curso nunha aula. Se trata de traballar co carpinteiro, de ver como traballa