xoves, 25 de marzo de 2010

CURSIÑO DE CARPINTERIA E MANTEMENTO DE EMBARCACIONS DE MADEIRA

Próximamnete, a nosa asociación en colabouración co carpinteiro de Lorbé (onde se está a reparar a Balbina), organizaremos un cursiño de iniciación á carpintería de Ribeira.

A filosofía deste cursiño e compartir unhas xornadas de traballo co carpinteiro, de xeito escalonado e ordenado, para que o afeccionado ou futuro afeccionado poda coñecer os rudimentos da carpintería tradicional, da construcion de pequenas embarcacions e do seu mantemento.

Queremos que a xente lle perda o medo ao que significa ter unha embarcación de madeira, poruqe cando se menciona, as veces xurden eses comentarios tan típicos de que "son moi bonitas pero a ver que pode manter unha, que dan moito traballo e moi caro"

Queremos que vexades que non e certo, e queremos que aprendades o por qué.

O curso, está dividido en catro sesions de traballo con grupos reducidos, de 8 persoas, e e totalmente práctico. Sería imposible facer este curso nunha aula. Se trata de traballar co carpinteiro, de ver como traballa e logo que os alumnos practiquen e él corrixa os faios.

Ademias, hai unha compoñente etnográfica moi interesante, xa que nesta carpintería ainda se seguen a facer pequenos botes, botes polbeiros da rías altas, coma aqueles que viu Moorling en Maniños, tal cual se facían antes.

Tampouco podemos ocultar que para nós e un xeito mais de vos pedir a vosa colabouración para reparar a Balbina, xa que o precio inclue unha pequena porcentaxe de "donativo" para poder volver a levar a Balbina ao mar. Pero ademias, aproveitaremos para facer alguns traballos do curso na Balbina, aproveitando así o voso traballo e o do carpinteiro.

Temos a urxencia este ano de reparar o barco, e precisamos de toda a axuda que a administración, de momento non nos deu. Por iso, que se pensades que neste curso hai animo de lucro: Non, non o hai , o que hai ánimo e de botar de novo ó barco ao mar. Os cartos non iran para outra cousa que para arranxar a Balbina.

¿E de canto estamos a falar? Pois 85 € para os non socios e 60 € para socios. Para facerse socio dos Patexeiros non hai que pagar cuota de entrada, so os 9 € ao mes, pero neste caso, se alguen coincide que quere darse de alta na asociación e no curso, pedimoslle que coma mínimo permaneza todo o ano.

Os horarios son os sábados pola tarde, 4 horas cada un durante catro sábados seguidos, comenzando o 17 de abril, e saltando (por respeto aos traballadores /as) o 1 de Maio.

Tedes mais información na nosa sección de descargas, onde vos podedes baixar o programa completo. Ide a Descargas Públicas, e logo a Regatas e outros eventos, e ahí tedes o PDF.

E ademais ( e isto xa parece un anuncio destes da tele de aparellos de ximnasia) añadimos fora de horas do cursiño, unha pequena saida de sendeirismo de un par de horas, onde aparte de ver unhas vistas fermosisimas da ría, iremos a apañar o toxo para poder facer os toletes.

Tamén ofrecervos aos participantes, no dia que poidamos navegar coa Balbina un paseiño pola ria.

A reserva de praza e por estricto orde de inscripción no noso correo (patexeiros@hotmail.com)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com