Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Siiiii, seguimos por aquí!!!!

Imaxe
E vós pensábades...... - Qué calados están estes patexeiros!!! E pecharían o chiringuito???? - Non se move nada por Lorbé nin por Sada !!!! Mal pensados !!!!! Sí que estamos por aquí, pero estamos tan ocupados cos barcos e cos traballos de cada un que nin tempo temos a darvos a coñecer as novas, que son moitas. Boaventurado sexa o Canouro. Por unha banda, o noso socio Pepe o da Boaventura, vendeu a dorna..... Vendeu a Boaventura. Esa dorna que foi campeona da Copa Balbina e que da guerra en todas as edicións da Copa e xa van oito. Pero non quedou sen barco, non!!!! Este home sempre lle tivo gañas a un barco do Norte. Non quería baixar ca Boaventura ós Encontros das Rías Baixas porque decía.... - "Xa hai moitas dornas alá!!!! Para que vou levar eu a miña???? - O bo sería ir cun barco do Norte !!! Pois xa o tén. O Canouro !!!!! Si amigos, ese fermoso barco que con tanto orgullo patroneou o amigo Arturo durante tantos anos agora abandou a Ría de Ferrol para te