Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

Festa da botadura dos barcos

Imaxe
Este ano, por unha cadea de problemas de última hora, non pudo ser. Non pudemos botar os barcos ó mar o Día das Letras Galegas. Pero non quedou así o conto. Sen festa non íbamos quedar. Así que onte domingo empezamos a aparecer por Lorbé dende as 9 da mañán para ir baixando os barcos ó mar. Coma sempre, o primeiro en aparecer, un servidor, o palmeirán. Moitos xa pensan que durmo en Lorbé, porque ás veces non saio de alí. Ainda había que facer traballos de última hora na Desexada. Colocar a bomba de achique, os folios, unhas pezas para anclar os lazys, envergar a vela, etc.... Así que máns á obra. Logo chegaron Fernando e Miguel Marta, que irían de tripulantes tamén na Desexada, así que empezamos a repartir os traballos. Seguiron aparecendo patexeiros por Lorbé. Lucas, Chimpo, Pablo, Lidia, Dolores, José Manuel, Javier Aguado e Hugo. Unha chéa deles. Invasión patexeira en Lorbé. Tamén nos viñeron botar unha man, coma sempre, os amigos de Perbes, Anuska e Víctor que son

Tira Vira.

Imaxe
O sábado pola maña quedamos en Sada ca intención de montar un tiravira para amarrar a Boaventura, primeira dorna en sair a navegar este ano. Quedamos ás once da mañá na rampa de Sada, eu mesmo, “O Feituco”, e Bruno, o novo  patrón da Boaventura. O vento sopraba do Sur, e a influenza da lúa facia que a auga se movera moi rápidamente. Collemos a auxiliar da Desexada e comenzamos a manobra. Antes, un cabo descontrolado petóume nun ollo deixándome unha bonit cor vermella que luciréi por uns días.   Alí estaba o noso compañeiro Ramon, o patrón da Rabuda, quen ía a botar a súa dorna ó mar tamén ese día.  O que normalmente pode levar dez minutos, quince sendo mui lento, levóunos casi corenta e cinco. O forte vento nos levaba sen remisión, casi non podíamos bogar sin que os remos quedaran preso nos lodos. Cando rematamos, unha pequeña clase de cómo amarrar nun tiravira e como funciona para recuperar a embarcación do mar. De alí funme a Lorbé, onde