luns, 22 de maio de 2017

Festa da botadura dos barcos

Este ano, por unha cadea de problemas de última hora, non pudo ser. Non pudemos botar os barcos ó mar o Día das Letras Galegas. Pero non quedou así o conto. Sen festa non íbamos quedar.


Así que onte domingo empezamos a aparecer por Lorbé dende as 9 da mañán para ir baixando os barcos ó mar.

Coma sempre, o primeiro en aparecer, un servidor, o palmeirán. Moitos xa pensan que durmo en Lorbé, porque ás veces non saio de alí.

Ainda había que facer traballos de última hora na Desexada. Colocar a bomba de achique, os folios, unhas pezas para anclar os lazys, envergar a vela, etc.... Así que máns á obra.

Logo chegaron Fernando e Miguel Marta, que irían de tripulantes tamén na Desexada, así que empezamos a repartir os traballos.

Seguiron aparecendo patexeiros por Lorbé. Lucas, Chimpo, Pablo, Lidia, Dolores, José Manuel, Javier Aguado e Hugo. Unha chéa deles. Invasión patexeira en Lorbé.

Tamén nos viñeron botar unha man, coma sempre, os amigos de Perbes, Anuska e Víctor que son parte da tripulación da dorna Albatros. Bueno, en realidade viñan facer espionaxe das novidades nos barcos para a vindeira edición da Copa Balbina, pero ímosllo a perdoar.

Pablo colleu un dos remolque e foise a pola Feituca, que ivernara en Mera.

Dolores e José Manuel reflotaron a Leliadoura, que estivera a inchar e adicáronse a achicala e empezar a aparellala. Foi o primeiro barco en bicar o mar, primeiro polo fondo, e xa despóis pola superficie.

Botóuse a Feituca, e a seguinte foi a Boaventura do novo armador Bruno, que iría tripulada nesta ocasión por Javi Aguado e Hugo.


Mentras, na Desexada proseguían os traballos de última hora.

Finalmente tocóulle á Desexada, o barco máis pesado de todos. E alá foi ó mar.


Empezamos a sair do porto de Lorbé sobre as 2 e media da tarde. Sen vento ningún.

Calma podre!!!

A Leliadoura empezou a sair a vela para as boias do porto. Siguéuna a Boaventura a remos, porque a vela non se movía.

Desexada e Feituca ainda dentro da dársena tiveron que botar man do motor.

Non hai vento, o motor non me gusta, paso a caña a Fernando, que se vaia facendo á Desexada.

A tripulación da Desexada formada por Anuska, Fernando, Miguel Marta e o palmeirán.



Chegando á altura das boias do porto izamos velas aproveitando unha pequena brisa, que pouco nos durou.

Íbamos navegando pero slowly, slowly!!

Boaventura seguía ca vela sen flamexar e metendo remos. Aguado ten peito para o remo.


A tripulación en terra dende Sada metíanos presa polo móbil.

- Vaise a enfriar a paella!!!!
- A ver se é para hoxe!!!!!


Tamén dende o bote Canouro, que saeu dende Sada ó noso encontro, o Comandante Martiño, avisaba....

- Temos fameeeee!!!!

Por certo, mira que son detallistas estes rapaces que fixeron camisetas para a crew.

Así que cerca das 4 da tarde empezamos a meter motor e ir dando remolque.


Primeiro á Feituca onde parte da tripulación xa estaba botando unha soneca en cuberta.


Logo á Boaventura, onde Aguado xa tiña cadencia de paleo como para ir á Bandeira da Concha, pero ainda non pasáramos a punta de San Amede, dende as 2 e media da tarde.


O Canouro foise a pola Leliadoura, que estaba buscando o vento xa preto de Ares.


José Manuel, patrón orgulloso, rexeitou o remolque.

- Non vaia a ser que estes bárbaros logo me reclamen o remolque!!!!!

Así que Dolores amotinóuse e saltou ó Canouro porque tiña que ir para traballar e José Manuel quedóuse a sóas ca Leliadoura.


Queríaa coñecer ben, observarlle como move esas cadernas de maneira tan sensual, ese bamboleo!!!!! Ayyyyyy carallo, que andarei eu pensando!!!!!


Sobre as 5 menos cuarto empezamos a arribar á Rampa de Sada. A paella xa estaba casi a punto, as empanadas tamén.

A Rabuda, que tamén saeu ó mar dende Sada, xa estaba no fondeo.

Despóis dun fondeo provisional empezamos a xantar.


Que delicia a empanada de calamares que nos fixo Rosana e que tan eficientemente repartía Eva.


Impresionante a paella que se curraron Lucas e os seus amigos, mestres paelleiros. Que se quiten os de masterchef do medio!!!!


Tripulantes, socios, familias e amigos demos conta da estupenda merenda. O resto dos amigos de Perbes tamén nos acompañaron nesta tarde.


Incluso Naveira veu por alí, pero en vez de vir en barco apareceu nunha moto tan grande coma unha dorna e acompañado de moteiros. Pasaríasenos ó "lado oscuro"??? Esperamos que non. Patexeiro forever!!!!

José Manuel ainda non aparecía. Xa empezábamos a preocuparnos. Agora empezábase a levantar un ventiño ideal.

Cando xa íbamos a sair a por él na Desexada vemos aparecer unha vela polo espigón de Sada.

- Ahí o ven!!!!
- Deixádelle empanada e paella, lambóns!!!!
- E cervexa, moita cervexa, que este home vai vir seco!!!!

Recibímolo cun aplauso conxunto, ven merecido por ser o único que fixo toda a travesía a vela.


Despois de xantar, procedemos a recoller e ir amarrando os barcos, e levando á xente a Lorbé, que tiñamos alí os coches.

Tamén se levou a dar unha volta ós mestres paelleiros, pola boa laboura que fixeron.


Eu aproveitei para barrer a zona de traballo no porto de Lorbé, para que quedara decente despóis dos traballos feitos, mentras Lucas e José Manuel en Sada levaron os barcos ós amarres.


Seis xa quedan a flote, agora a intentar preparar seis máis, a ver se conseguimos que toquen o mar este verán, e calafatear ben o Arredemo, que tamén está xa no mar.


A navegar....

by Palmeirán





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com