Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

San Xoán Patexeiro 2016

Imaxe
E antes da Copa Balbina, este mesmo xoves día 23, celebraremos o San Xoán en colaboración cos nosos amigos do C.N.R.S Estades invitados todos os socios e familias dos Patexeiros, do C.N.R.S., e participantes asíduos da Copa Balbina.

Empeza a Copa Balbina VIII Edición

Imaxe
Pois efectívamente este vindeiro sábado día 25 de xuño dará comezo un ano máis a Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela, na que este ano será a súa VIII Edición. Como moitos xa sabedes, ésta é unha competición que fomenta a participación e a xuntanza das moitas embarcacións tradicionais que existen no Golfo Ártabro e que permite ver navegar xuntos a estes fermosos barcos  por diante da vila de Sada. Ahí vai o extracto do regulamento deste ano. As novidades con respecto a anos anteriores son resaltadas en azul, e fixéronse co afán de aumentar a participación. EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA Calendario: 1ª Proba: Sábado 25 de Xuño 2ª Proba: Sábado 30 de xullo 3ª Proba: Sábado 27 de agosto 4ª Proba: Sábado 24 de setembro Proba Extraordinaria puntuable: Este ano puntuará de novo para a Copa Balbina a Regata de Perbes Gran premio de Embarcacións Tradicionais “Homenaxe os carpinteiros de ribeira” Organizada polo Club Marítimo de Perbes que sole