Grazas á Escola Sada e os seus Contornos por axudarnos a manter vivo o noso patrimonio marítimo
A Escola Sada e os seus Contornos rematou o curso cun fermoso mercado mariñeiro, unha actividade vinculada ao proxecto MareSada na que participou toda a comunidade educativa. Pulseiras, chaveiros, cadros, imáns, marcapáxinas, camisetas e moitos outros produtos serviron como escusa para compartir unha xornada de convivencia, aprendizaxe e compromiso co noso mar. O máis emocionante para nós é que a cantidade recadada, 1.044 euros , será doada á Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros para apoiar a nosa iniciativa do Museo a Flote . Non temos palabras, nin tipoloxía de letra suficientemente grande, para expresar o noso agradecemento: GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. Accións coma esta son as que nos alentan a seguir loitando e traballando a prol da conservación do noso patrimonio marítimo. E máis aínda cando quen está detrás son os nenos e nenas, porque eles e elas son, en realidade, os verdadeiros destinatarios do noso traballo. Se lles fallamos, se non somos quen de c...