Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

Na Asemblea de Culturmar

Imaxe
Este pasado sábado, 7 de abril, unha representación dos Patexeiros estivemos en Cambados asistindo á Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial - Culturmar. Onde se decidiría a sede do vindeiro Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. As candidatas era: A Guarda e Ribeira. Despóis da Asemblea xeral, ca presentación de contas, orzamento, etc.... tivo lugar a presentación das dúas candidaturas. Despóis dunhas entusiastas presentacións polas dúas bandas chegou o momento da votación. A gañadora resultou A Guarda. Moitos parabéns ás dúas candidaturas polo traballo feito para chegar ata aquí. Igualmente moitos parabéns á Guarda por conseguir levarse a organización do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e moitísimos parabéns á Cofradía da Dorna de Ribeira pola fenomenal exposición que fixeron da súa candidatura. Dende aquí pedímoslle que non se desanimen e que sigan traballando así de ben e a volvan presentar dentro de dous