Na Asemblea de Culturmar

Este pasado sábado, 7 de abril, unha representación dos Patexeiros estivemos en Cambados asistindo á Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial - Culturmar. Onde se decidiría a sede do vindeiro Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.


As candidatas era: A Guarda e Ribeira.

Despóis da Asemblea xeral, ca presentación de contas, orzamento, etc.... tivo lugar a presentación das dúas candidaturas.

Despóis dunhas entusiastas presentacións polas dúas bandas chegou o momento da votación.

A gañadora resultou A Guarda.


Moitos parabéns ás dúas candidaturas polo traballo feito para chegar ata aquí. Igualmente moitos parabéns á Guarda por conseguir levarse a organización do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e moitísimos parabéns á Cofradía da Dorna de Ribeira pola fenomenal exposición que fixeron da súa candidatura.

Dende aquí pedímoslle que non se desanimen e que sigan traballando así de ben e a volvan presentar dentro de dous anos porque fixeron un traballo excelente.

Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog