CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS NOSAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
O proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais” está a piques de rematar. Este proxecto, premiado nos proxectos de desenvolvemento pesqueiro e xestionado polo GALP Golfo Ártabro Sur, puxo en valor as nosas embarcacións e axudou a conservalas.
Fixéronse varias actividades de dinamización vencelladas ás nosas embarcacións, como unha ecoregata en Sada, na que recollimos unha gran morea de lixo. Tamén fixemos un curso de vela tradicional especialmente dedicado a mulleres, para favorecer a igualdade na vela tradicional. Ademais, impartimos un curso de enxarcias tradicionais, no que aprendemos moito sobre os elementos das arboladuras das nosas embarcacións.
Ademais, fomentamos a carpintaría de ribeira, declarada BIC (Ben de Interese Cultural), levando a cabo a reparación de tres das nosas embarcacións mediante técnicas de carpintaría tradicional nun asteleiro dos poucos que quedan en Galicia no que se traballa a carpintaría de ribeira.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com