Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2015

PROGRAMA DA III XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS - SADA

Imaxe
PROGRAMA DA III XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS SÁBADO 18 11:00 Apertura da carpa Patexeira con exposicións de material de carpintaría de ribeira e museístico, fotografías, xogos para os nenos. 11:30 Recepción de embarcacións e tripulantes. 12:00 Primera saída ó mar de todas as embarcacións presentes. 14:30 Comida para os tripulantes 17:30 Segúnda saída ó mar das embarcacións 19:00 Participación na procesión da Virxe do Carme de todas aquelas embarcacións que o desexen. 21:00 Cea-Pinchada para os tripulantes que desexen quedarse. DOMINGO 19 11:00 Apertura da carpa Patexeira 13:00 Saída a navegar 17:00 Saída a navegar 21:00 Peche da Carpa Patexeira e recollida. MARÉAS PARA O FIN DE SEMÁN SÁBADO 18..... baixando dende as  6:40 . Baixa ás 12:35  - Chea ás: 18:54 .  DOMINGO 19....baixando dende as 7;15 . Baixa ás 13:11 - Chea ás 19:30 

Pequeno resumo do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Cabo da Cruz 2015

Imaxe
Xa rematou. Xa estamos de volta. 5 días de traballo, navegación, amigos e festa, sobre todo festa. Os primeiros patexeiros chegamos a Cabo da Cruz, xa o mércores pola tardiña. Nos remolques levábamos A Desexada e a Leliadoura. Empezamos a montar a nosa Zona Patexeira na carpa das exposicións, e deixámola casi lista pasada xa a medianoite. Intentamos cear nun mesón moi chulo camiño do camping, pero xa pecharan a cociña e alá nos fomos cara ó Náutico, onde ainda estaba ceando moita xente da organización e os amigos de Euskadi, que se nos presentaron, e alí coñecemos en persoa ó amigo do facebook, Iñaki Gómez, de Itxas Egurra Haizean, que tan sabios consellos nos dá cando nos vé facer unha cafrada carpinteira. Despóis de cear tocou montar o campamento patexeiro no campo de fútbol, que rematamos xa pasadas as 2 da mañán. Unha noite de vento moi forte que non nos deixou durmir. As tendas de campaña parecía que iban sair voando polo aire con nós dentro. Algunhas piquetas