TERCEIRA XORNADA DO CURSO
Nesta terceira xornada do Curso, non puiden estar presente, polo que vos vou a contar de terceira man o que alí se fixo. O mestre decideu que era un bo día para meterlle o courel á buceta, e así empezaron coa operación. O primeiro paso foi meter uns barrotes para sacar as plantillas para cortar o courel. Anotaron "o cartamón" ou inclinación dos barraganetes para pasalos á plantilla. Unha vez feitas as plantillas leváronas ó tablón de carballo para marcalas. Despezaron o tablón e meteron as pezas na serra. Alí, como vedes na imaxe, lle deron o "cartamón" axeitado ou o que é o mesmo, a inclinación que ten que levar para axeitarse ós barraganetes. No descanso, como sempre "mollaron a palleta" e tomaron uns pasteliños, pero hoxe, xusto o día que eu non estou, á compañeira Dolores dóuselle por levar as súas famosas galletas suizas. Eso vou a tardar moito en perdoarllo, a non ser que volva a repetir a operación canto antes. ...