luns, 25 de novembro de 2013

TERCEIRA XORNADA DO CURSO

Nesta terceira xornada do Curso, non puiden estar presente, polo que vos vou a contar de terceira man o que alí se fixo.

O mestre decideu que era un bo día para meterlle o courel á buceta, e así empezaron coa operación.

O primeiro paso foi meter uns barrotes para sacar as plantillas para cortar o courel.


 Anotaron "o cartamón" ou inclinación dos barraganetes para pasalos á plantilla.


Unha vez feitas as plantillas leváronas ó tablón de carballo para marcalas.


Despezaron o tablón e meteron as pezas na serra.



Alí, como vedes na imaxe, lle deron o "cartamón" axeitado ou o que é o mesmo, a inclinación que ten que levar para axeitarse ós barraganetes.


No descanso, como sempre "mollaron a palleta" e tomaron uns pasteliños, pero hoxe, xusto o día que eu non estou, á compañeira Dolores dóuselle por levar as súas famosas galletas suizas. Eso vou a tardar moito en perdoarllo, a non ser que volva a repetir a operación canto antes.


Unha vez sacadas as pezas, cepilláronas e foron cravándoas nos barraganetes.


Ésta é unha imaxe do traballo feito ó rematar esta terceira xornada.


Decirvos tamén que hoxe se incorporaron dous alumnos máis ó Curso. Esperemos lles sexa productivo.

Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com