Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

VII Curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
Un ano máis levamos adiante outra edición dos nosos famosos cursos de carpintaría de ribeira. O curso terá unha duración de 24 horas e levarase ó cabo os sábados pola mañán en horario de 9:45 a 14:00, cun descanso de 20 minutos, na Carpintaría Lorbé, sita no Porto de Lorbé - Oleiros (A Coruña). A data de comezo prevista está fixada para o 19 de outubro, e continuará os seguintes sábados 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de novembro. Os temas que se impartirán no curso, coma outros anos, incluirán dende coñecemento, preparación e afiado de ferramentas, nocións básicas de construcción naval, cómo se empeza a facer unha embarcación (sacaremos unha caderna). Faremos traballos básicos de mantemento dunha embarcación tradicional tales como botar táboas da cuberta, botar táboas do forro, sorraina, regala, reparar a fogonadura, calafateo, virado de táboas, etc... Durante o curso traballaremos na embarcación Nordesía, última adquisición da A.C.M. Os Patexeiros. A aportación para o cu