Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

VII Curso de carpintaría de ribeira - desenrolo

Imaxe
O sábado 29 de outubro dábamos comenzo a unha nova edición do Curso de carpintaría de ribeira, que organizamos coma sempre, no Porto de Lorbé. Durante o curso traballóuse sobre o novo barco da Asociación, o Nordesía, ó que o primeiro día xa se lle desmontou toda a cuberta. Despóis dunha pequena parada técnica do fin de semán pasado, o sábado 7 de novembro prosegue o VII Curso de Carpintaría de ribeira dos Patexeiros. O alumnos estaban ansiosos. Novas xornadas no curso de carpintaría de ribeira. Nestas imaxes xa podemos ver ó Nordesía con novos baos e parte da estampa de popa nova. Como sempre, nos nosos cursos intentamos que os alumnos aprendan mantementos básicos dunha embarcación tradicional. Debido á pouca duración dos cursos non poden ver como nace unha embarcación e se vai facendo, ainda que intentamos tamén darlles unhas nocións de cómo sacar unhas cadernas, a traveso de planos ou de plantillas. Nestas fotos apréciase como se colocaron baos, barraganetes, algunha táboa do forro,