Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2010

A derradeira regata da Copa 2010

Os Patexeiros e Felipe II so coincidimos nunha cousa: Temos a mesma quiexa: NON MANDAMOS OS NOSOS BARCOS A LOITAR CONTRA OS ELEMENTOS Unha vez mais, e coma xa parece ser a tradición, fixemos o ridículo na derradeira regata da tempada. Saiu a "Boaventura" e mais o Arredemo, e de Ares viron o Alivanta e mais, o campeón, si xa definitivamente campeón do 2010 Pepe do Osorio. O vento non estaba moi calmo precisamente, pero cando empezamos a navegar foi medrando e medrando ate que case eran os barcos ingobernables. Polo menos on nosos barcos cos nosos "gobernantes". Así que tratamos de chegar a liña de saída, pero nin se quera o conseguimos. A Boaventura perdeuse de vista aló polo medio da ria, e oa final vímola intentando voltar a remos, porque nunha destas o pao saiuse da taboa de picas e case racha o banco. polo menos eso contaron eles ".... Cunha ola de mais de vinte metros, un vento huracanado como se soprase o mesmo diaño e unhas correntes mais fortes que no ca

Os Patexeiros na Parrocheira

Imaxe
Durante este fin de semán, Os Patexeiros estivemos participando xunto con moitos amigos de distintos puntos do país na Parrocheira de Ferrol.Saímos de Sada o sábado ás 10:30 da mañán a bordo dos dous barcos que levaríamos a Ferrol. O Arredemo patroneado por Miguel, e con Ana e Ángel; e a dorna Boaventura, patroneada por Pepe e con Jose "Palmeirán" de mariñeiro. A intención era levar a dorna remolcada polo Arredemo co motor para chegar a Ferrol sobre a 1 da tarde. Ó pouco de sair da rampa, e chegando á altura de Fontán, párase por primeira vez o motor. Miguel ponse a arranxalo e mira que te mira ata que localiza o fallo e se pon a arranxalo. Problema, non temos ferramenta a bordo. Trampeando co que se pode, navalla, bolígrafo, etc.... ó final consigue que arranque. Tiramos de novo, perdemos entre 30 e 40 minutos. Ó chegar á altura de Lorbé cando nos dispoñíamos a sair da ría, o motor párase de novo. Ana chama a seu irmán para que veña coa Zodiac ó noso rescate. Como xa o avisa