A intención era levar a dorna remolcada polo Arredemo co motor para chegar a Ferrol sobre a 1 da tarde. Ó pouco de sair da rampa, e chegando á altura de Fontán, párase por primeira vez o motor. Miguel ponse a arranxalo e mira que te mira ata que localiza o fallo e se pon a arranxalo. Problema, non temos ferramenta a bordo. Trampeando co que se pode, navalla, bolígrafo, etc.... ó final consigue que arranque.
Tiramos de novo, perdemos entre 30 e 40 minutos.
Ó chegar á altura de Lorbé cando nos dispoñíamos a sair da ría, o motor párase de novo. Ana chama a seu irmán para que veña coa Zodiac ó noso rescate. Como xa o avisaran a primeira vez, en seguida aparecen e nos remolcan ata Ferrol.
Nada máis chegar á boca da Ría de Ferrol o motor arranca de novo e Miguel o leva como auxiliar da Zodiac.
Unha vez enfrente a Mugardos, Pepe e eu decidimos entrar a vela, Miguel, Ana e Angel siguen co motor xa que hai pouco vento e non confían que o Arredemo se mova con tan pouco vento.

Pouco despóis vemos chegar a vela ó Arredemo.
Por terra chegaron Agustín, Rosana e Eva (que xa a hai que ir metendo na afición)

Moitas caras coñecidas. Alí estaban os Mascatos, Os Rompetimóns, os da Dorna, da ENT, os de Redes, os da Coruña, os de Ares, por suposto os do Clube de Mar de Ferrol, perfectos organizadores do evento, do Lajareu, e moitos máis, sempre alegres e dispostos a compartir unhas risas e a darnos bos consellos.


Algúns barcos conseguiron pasar e chegar á boca da ría, outros deron volta antes pola falta de vento.

Despóis de case 3 horas de saída fomos voltando ó muelle, non sen que algúns tiveran pequenos incidentes cos prácticos do porto debido á saída dun gaseiro da planta de Mugardos.


O domingo amaneceu cuberto e con fresco. Sobre as 11:30 empezámonos a xuntar as tripulacións, e saimos sobre as 12, avisados de que tiñamos que estar de volta ás 2 da tarde xa que volvía a entrar un gaseiro, e a Autoridade Portuaria enviara un comunicado poñéndonos condicións e hora de entrada.
Apenas vento, casi calma podre. Como faltaba gran parte da tripulación patexeira do día anterior. Agustín, Fran Grandal, seu irmán e máis eu vendo a falta de vento decidimos sair no Punta Pragheira con Antonio, Moncho e Martiño, polo menos eles tiñan motor.

Saímos a motor ata a a boca do muelle e alí desplegamos o trapo. Unha lixeira brisa levóunos ata a Graña, pero alí nos quedamos desventados. Despóis de hora e media de navegación volvemos ó muelle a motor, pois Eolo non dou por aparecer.
Tras a comida, os Patexeiros empezamos a sair mentres na carpa entregaban os premios ós barcos. Alí lles botamos uns toques de corno mentres nos saudaban dende a carpa.
A Boaventura foi todo o tempo a remolque do Arredemo que desta non lle fallou o motor. Só á altura de San Felipe acabóuse a gasolina e tivemos que repostar.
Dende a boca do muelle ata pasado a boca da ría, o vento sopraba forte. Á altura da Graña os salseiros nos mollaban coma pitos. As nubes que cubrían o ceo da Ria de Ferrol arrefriaban o aire. Facíanos temer o que podería haber fora, pero nada máis lonxe da realidade.
Nada máis chegar ó porto exterior, as nubes desapareceron e o Sol foi quentándonos durante toda a travesía, o vento desapareceu case que por completo.
Tiñamos pensado tirar a vela dende a punta de Lorbé, pero visto o pouco vento, e que ainda había que volver a Ferrol por estrada a buscar os coches, os patróns deciden seguir a motor.
Aproveitamos para intentar coller un par de ducias desas xardas que nos dixera o Tio Mini, pero hoxe a metralleta parecía que estaba encasquillada porque nin unha subeu, ou ó mellor é que foran todas á Parrocheira.
Sobre as 19:30 estábamos fondeando os barcos en Sada.
A Parrocheira 2010 acabóuse ¡¡¡¡ Viva a Parrocheira 2011 !!!!
by Palmeirán
Si Señor, estupendo diario de abordo. So faltou a miña metedura de pata, facendo o paiaso segun chegamos pola tarde a terra, facendome pasar por guiri que viña de Ultramar...("España , de Putua Matre, Poella, Songruia...", etc), e cando engancho a estaca e baixo a vela: Horor, terra trágame : Xusto ao noso lado un barco ingles con ingleses estupefactos mirando para nós. Xa sabedes, non berredes nunca sen mirar doutro lado da vela. En calquera caso, un 10 para a organización , o ambiente, as actividades e a xente da Parrocheira. Cando fumos logo coller os coches, xa lle dixemos a Bedoya: ide facendo sitio aquí para o ano que ven, que vimos coa Balbina... A ver se e certo.
ResponderEliminar