Onte, Os Patexeiros fomos por mar a Ferrol para participar na tradicional regata da Parrocheira no Porto de Curuxeiras. Na nosa expedición levamos os barcos O Patexo, o Canouro e o Bote de Pao , e realizamos a travesía desde Sada pola mañá, nunha ría con fondo de mar bastante notable, con ondas de 2 a 3 metros , pero as nosas embarcacións navegaron de marabilla. Durante a regata, como é habitual, volveu quedar de primeiro o Lagunak e de segundo Brais , co barco “O Neto do Osorio” , pero nós estivemos aí co Canouro , disfrutando da competición e do ambiente festivo. En calquera caso, foi unha xornada excelente , cunha navegación preciosa pola Ría de Ferrol , e unha celebración que mantén viva a tradición mariñeira do barrio de Ferrol Vello. Este ano o Xamón non o tivo directamente o primerio clasificado, se non que foi por sorteo. E tocoulle a Brais, o segundo clasificado. Nunca estivemos mais cerca de acadar ese codiciado premio do Xamón !!!
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com