PRIMEIRA XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Despóis de esperar un pouquiño polos máis rezagados, ás 16:15 de onte sábado dou comezo a 4ª Edición do curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais.

Tras a benvida e presentación de todos os alumnos, expoñendo as razóns que lles levaron a facer este curso, explicámoslle os obxectivos deste pequeno curso, que como entenderá todo o mundo, en 40 horas, non os vai a preparar para facer un barco, arte que só se aprende co paso de moitos anos de estar traballando no sector, pero sí lles vai a dar unha idea moi clara de cómo está construído un barco, como se empeza a facer, e os vai a animar a enfrontarse a pequenas reparacións que poidan ter que facer nunha embarcación tradicional.

Tamén, nunha pequena pausa publicitaria, por suposto, xa que organizamos, lles contamos unha breve historia dos Patexeiros, quenes somos, cando nacemos, que facemos, etc....

Unha vez rematada a exposición de quenes son Os Patexeiros, pasamos a distribuir o material de seguridade, guantes, gafas, etc...

E despóis diso xa lle demos paso ós mestres, David e Pepe, que como en todos os cursos anteriores, empezaron por darlles unhas nocións de afiado de ferramentas.


Todos aqueles que tedes asistido a cursos de Prevención de Riscos Laborais, saberedes que unha grande parte dos accidentes laborais producidos con manexo de ferramentas manuais son debidos ás malas condicións das ferramentas. Unha trencha, unha gubia, un cepillo mal afiados, fan que teñas que facer moita máis forza coas ferramentas, podendo dar lugar a accidentes, e facendo que o traballo se alongue e quede mal rematado, polo que das prácticas de afiado e asentado non hai quen se libre nos nosos cursos.

Tras o descanso regulamentario onde os agasallamos cuns refrescos e uns pasteliños, como en todos os cursos que levamos feitos, dou comezo a segunda parte desta primeira xornada.

David explicóulles as propiedades da madeira, o sentido das vetas, as maneiras de cortar para non debilitala, etc... E o interés co que o seguían os alumnos crecía a cada momento. Moitos se sorprenderon cando lles contaba que as grietas na madeira, provocadas polo seu secado, non merman a resistencia da mesma.

Chegou xa o momento de empezarlles a explicar como nacía un barco.

Nesta imaxe vedes ó mestre David, ensinándolles sobre o tableiro de formas, as plantillas dunha buceta
.

E nesta outra imaxe, o mestre lles explica cómo se empezaría dende a talla dun medio modelo en madeira.


Logo se trasladaron arredor da cuberta dun bote que había dentro do taller, dónde o mestre Pepe, lles explica o proceso constructivo do mesmo. Que se poñía a quilla, o codaste, a roda, se armaban as cuadernas mediante o ensamble das varengas e os genoles, etc...

Como debido a duración deste curso, non haberá tempo para empezar un barco, como se fixo no curso anterior, o que se intenta e dar uns coñecementos suficientes para que ó alumno lle quede claro como está armado un barco. Ainda que sí terán a posibilidade de ver como se saca unha cuaderna e se arma.


Ó finalizar a xornada recibimos a visita do vicepresidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que como sempre, lle gusta estar presente cando organizamos algún evento, cousa que lle agradecemos.

Este primeiro día de curso foi casi totalmente teórico, coa excepción das prácticas de afiado e asentado de ferramentas, pero de agora en diante xa terán tempo dabondo para botarlle as máns á madeira.

O vindeiro día vos seguiremos informando das evolucións destes atentos alumnos.

SE ALGÚN MÁIS SE QUERE ANIMAR AINDA ESTÁ A TEMPO!!!!
 NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS !!!!!!


Palmeirán


Comentarios