CONFERENCIA ARQUITECTURA NAVAL NO GALP

 

CONFERENCIA DE INTRODUCCIÓN Á ARQUITECTURA NAVAL

O pasado sábado 9 de marzo Alejandro Martín, historiador e arqueólogo subacuático, fíxonos unha estupenda introducción á Arquitectura Naval nas instalacións do GALP (Grupo de Acción Local Participativa) Ártabro Sur, no paseo marítimo de Sada.





O estudo das orixes e da evolución histórica da arquitectura naval baséase nos restos arqueolóxicos de embarcacións e en testemuñas escritas, así como na iconografía.

 Con todo, Alejandro remarcounos que esta iconografía debe interpretarse con sentido crítico, xa que moitas veces os seus autores eran alleos ao mundo naval.






Centrándonos no estudo do Mediterráneo e da súa área de influencia (mar Negro e mar Vermello, sobre todo), Alejandro presentounos testemuñas dos principais sistemas de construcción, propulsión e goberno, e que arrincan en torno ao 2400 a.C. 

Entre elas poderían salientarse a construcción con sistema de forro primario, o espolón, o timón lateral, o mástil desmontable, a propulsión dual (remo e vela) e, xa no século II d.C., a primeira representación dun aparello de vela latina.






Camiño da Idade Media, no século V d.C., desapareceron as velas cuadras do Mediterráneo, que xa non volverán ata o século XV d.C. 

Posteriores, xa do século XI d.C., son as primeiras testemuñas do sistema de constructivo de esqueleto primario.





Mención especial mereceu o período da Ilustración, pola introducción da metodoloxía científica e o rexistro documental riguroso, así como pola consolidación de sistemas preindustriais de organización do traballo que xa se practicaran nas atarazanas de Venecia ou Barcelona, entre outras.





A pesar de que a arquitectura naval ten estado marcada polo segredo na procura de vantaxes militares e comerciais sobre outros pobos e países, Alejando deixounos unha reflexión estimulante para os Patexeiros.






A modo de conclusión: 

As fronteiras atópanse terra adentro, non no mar. 

Non só a arquitectura naval, senón tamén a identidade das xentes mariñeiras, teñen moitísimos puntos en común entre pobos alonxados, cando estes están conectados por un mesmo marmáis alá das divisións territoriais.


Comentarios