mércores, 6 de decembro de 2023

Visita do alumnado de Pesca e de mantemento de embarcacións do CIFP Universidade Laboral

 O Pasado día 29, un grupo de alumnos veu a visitar as nosas instalacións, e puideron asistir a unha visita guiada no pantalán onde provisionalmente están amarradas as nosas embarcacións tradicionais. 


Ademáis, nesta visita tamén fumos visitar a lonxa, onde Manuel de ACEERGA nos explicou cómo eran as subastas antigamente, e cómo pasou logo a instalarse a "rula", que e un sistema automatizado de indicador de prezos, pero hoxe en día sustituido xa por outras tecnoloxías. 

Esta "rula" e a única que se conserva instalada e en funcionamento de toda España, unha verdadeira xoia. 


Finalmente, o grupo tamén visitou as instalacións do GALP Golfo Artabro Norte, onde se lles explicou que é este organismo e cómo poderían acceder a axudas. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org